O BNG pide ao concello do Carballiño un programa integral extraescolar para infantil e primaria adaptado aos tempos Covid, que garanta a conciliación

8, Setembro 2020

O BNG solicita un programa integral de actividades extraescolares para infantil e primaria adaptadas ao novo contexto xerado pola Covid-19. A portavoz do BNG, Sofía García, afirma que esta petición faise para garantizar a conciliación. As familias non solo asisten con preocupación e incertidume a volta ás aulas, senón tamén as distintas actividades extraescolares, que resultan ser un recurso esencial de conciliación para as familias.

A tres días do comezo do curso non sabemos que alternativas de conciliación adaptadas ao novo contexto xerado pola Covid-19 ofrecerá o concello do Carballiño. Levamos agardando desde o ano pasado a que se defina con claridade e se informe por parte da concelleira de Servizos Sociais como se vai configurar o SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL e que tipo de xornadas se van a prestar.

As familias precisan compatibilizar a vida laboral coa educativa e non poden quedar sen unha ampla oferta de actividades que lle dean continuidade á xornada escolar. Hai moitas familias que non solo apuntan aos seus fillos e fillas a actividades extraescolares para complementar os seus estudos senón tamén porque precisan facelo para conciliar.

Estas actividades deberán desenvolverse cumplindo estrictamente coas medidas e protocolos de seguridade e hixiene como se fixo nos campamentos de verán.
Para a concelleira do BNG, o goberno do Carballiño debe dar resposta ás demandas das familias e deixar de agocharse detrás da incerteza e da irresponsabilidade da Xunta como xustificación.