O Campo de fútbol de Espiñedo acollerá o sábado 19 de Xuño unha verbena amenizada pola orquestra Cinema. Forma parte do plan piloto da Xunta para verificar a seguridade das medidas Covid.

2, Xuño 2021

O vindeiro sábado 19 de Xuño o campo de fútbol de Espiñedo acollerá unha das seis verbenas piloto que a Xunta de Galicia quere facer para comprobar se estas celebracións son seguras coas medidas sanitarias oportunas. A encargada de amenizar esta verbena será a orquéstra Cinema.

Os asistentes poderán estar de pé e bailar, aínda que só con conviventes. Será unha verbena con límite de asistencia ata 1.000 persoas e con uso obrigatorio da máscara. O público terá que estar a cinco metros do escenario. Ademais, pedirase un rexistro previo para poder entrar no recinto, que terá un control de acceso.

O concello do Carballiño propuxo o estadio de Espiñedo para a celebración desta verbena piloto por tratarse dun recinto pechado, tal como se pedía, e porque unha vez celebrado este evento o recinto será obxeto dunha reforma integral do terreo de xogo, no que celebra os seus partidos o Club Deportivo Arenteiro.