O Carballiñés Argimiro Marnotes será o novo xerente de Xestur Ourense

15 Jul 2009
Argimiro Marnotes
O actúal portavoz do Partido Popular na Corporación Municipal do Carballiño, Argimiro Marnotes Fernández, será o novo xerente de Xestur Ourense, a empresa pública da Comunidade Autónoma de Galicia que se encarga da xestión do solo na provincia de Ourense. Con toda probabilidade, Marnotes será nomeado como novo xerente en sustitución de Emilio Xosé Rodríguez, no Consello de Administración que se celebrará o vindeiro lúns dia 20. Xestur Ourense está participada de forma maioritaria polo Instituto da Vivenda e Solo e a Consellería de Economia e Facenda da Xunta de Galicia, e tamén conta cunha representación minoritaria o Inorde. Xestur Ourense é a empresa pública que se ocupa do desenvolmento da actividade urbanizadora en todo o territorio provincial, elaboración de estudios urbanísticos e a súa posterior execución, urbanización e venda dos parques empresariais e planes de promoción da vivenda. Argimiro Marnotes, xa traballou como arquitécto técnico en Xestur Ourense, aínda que na actualidade atopábase en situación de excedencia. Persoas moi próximas o futuro xerente de Xestur Ourense aseguraron a Cope O Carballiño que a súa intención é seguir desenvolvendo a súa actividade política no Concello do Carballiño, xa que este cargo na xerencia de Xestur non é incompatible coa súa condición de Concelleiro.

Comentarios

O mellor deste nomeamento e a

O mellor deste nomeamento e a afirmacion do propio protagonista que afirma compativilizar o posto en xestur co de concelleiro. Parece que non ten idea de escapar e eso di moito o seu favor. Animo argimiro e moita sorte.

FELICIDADES! TE LO MERECES.

FELICIDADES! TE LO MERECES. UN SALUDO ROXELIO

Agora comprendo por que

Agora comprendo por que Argimiro Marnotes está tan obsesionado por facer un parqing baixo o subsolo do solar que esta a caron da igrexa da Veracruz.

Amigo confundes o touciño coa

Amigo confundes o touciño coa velocidade. Comentarios coma iste demostran que tipo de sociedade temos. Demostras que tés unha espiña clavada nun pé. Será que terás intereses contrarios a maioría dos Carballiñeses.

Oes meu queridiño anónimo

Oes meu queridiño anónimo amigo eu non confundo o touciño coa velocidade, de feito engraso o motor do meu coche coa graxa do touciño e por certo eu non teño espiña ningunha cravada nun pé, por que os teño ben limpiños e cheo de callos. Por certo eu non creo que a maioría dos Carballiñeses esten a favor do parking da Veracruz, máis ben diría que son unha minoría e ademais a min nin me vai nin me ven que se faga un parking na Veracruz pois o meu cochecito leré o teño aparcado e ben aparcado leré no meu garaxe e te lembro que no meu comentario só me limitei a dicir que sendo o Señor Argimiro Marnotes (fillo) aparellador e que éste o fronte dunha institución adicada a facer obras que agora comprendía a teima do Argimiro en facer un segundo parking na Veracruz. Se cadra ti si tes algún interés no asunto do parking da Veracruz, o cal o considero innecesario pois o da Alameda nunca esta cheo, cousa que chama á atención pois cada vez é máis difícil aparcar no Carballiño. Un saludo meu.

¿minoria os que defenden un

¿minoria os que defenden un parking na Veracruz? Que eu saiba no seu progrma electoral tanto PP como BNg levaban o estudio e promoción dun aparcamento na Veracruz ¿ou estou eu equivoado? ¿ónde está a minoria? que eu saiba nesas eleccións PP e BNG obtiveron 4.800 votos e o PSOE 3.800 ¿onde está a minoria? Será na túa cabeciña.

Primeiro todo moitas gracias

Primeiro todo moitas gracias por interesarte pola miña cabeciña a cal por certo a teño sobre os meus hombreiros ben colocada e por suposto ben preparada para poñer un sombreiro, gorra, boina un peluquín ou o que se tercie. Con respecto á cuestión de minorías imos a examinar o electorado: o electorado de toda a vida vota ó partido independentemente do programa político, outros votantes votan os partidos por decepción como castigo electoral con outro partido e non lles importa o programa o máis mínimo, outros votaran polo programa electoral sen importarlle o máis mínimo que se faga ou se deixe de facer un parking (de feito lembra que nos programas electorais se prometen moitas cousas e logo xa me dirás cantas se cumpren cando chegan ó poder), tamén haberá quen votará convencido de que é necesario un parking e xa non che digo nada dos que votan para pagar favores políticos, dos fillos, parentes e amigos que seguen as consignas políticas dos pais de determinado partido e dos que carrexan os partidos as furnas que seguro que a éstes importalles un pito que se faga ou non un parking. Entón se descontamos todos estes votos dime ¿cantos dos 4800 quenes son partidarios do parking?. Pois unha minoría formada polos líderes políticos e algúns acólitos.

Parece que algunhos estades

Parece que algunhos estades moi preocupados polo feito de que non estea todos os dias cheo o parking da Alameda, vaia, moi preocupados pola sorte dunha empresa privada, que por certo, coas prazas que vendeu e o que enche os dias de feira e sábados xa hai tempo que seguramente desquitou a inversión. O que moitos carballiñeses defendemos é a necesidade dun GRAN APARCAMENTO PÚBLICO no entorno da Veracruz, porque é a ubicación máis axeitada. Sería unha gran obra e non só para solucionar un grave problema de aparcamentos que ten O Carballiño, senón que podería acoller moitos e distintos servizos municpais. E non me vale a disculpa da inversión millonaria que se necesita, porque cos dous millós e medio do plan Estatal que se están gastando na piscina e en beirarúas xa estaría financiado, ou polo menos nunhafgran parte E esa sí que sería unha obra para un Carballiño do futuro. O demáis sonche trapalladiñas. E acaso, posturas que defenden intereses que non son precisamente os públicos.

Voume uns días a tomar o sol

Voume uns días a tomar o sol a praia para librarme da sogra e a nadar co meu flotador do pato Donald e me atopo cunha morea de comentarios que respostar, a ver poñédevos en en fila india ou de tres en fondo que xa me ocupo de todos. Non che vou negar que no Carballiño existe un grave problema de aparcamento que algúns solucionan aparcando enriba de beirarúas, enriba de pasos de cebra, en liñas amarelas ou diante de garaxes con sinal de vado ben visible e que os municipais fan a vista gorda ante estas irregularidades que se fan incluso diante dos seus fuciños no entorno da praza maior. Tamén é certo que o concello eleminou prazas de aparcamento a base de poñer liñas amarelas, colocando bolardos nas beirarúas e de converter estacionamentos en batería en estacionamentos en liña. Por si non o sabes o parking da Alameda foi cedido en concesión á empresa constructora e unha vez que expire a concesión pasará a comberterse nun parking público, polo que a creación dun parking público na Veracruz non ten sentindo nin lóxica algunha pois coas millonarias débedas que ten o concello non creo que as arcas municipais sexan capaces de afrontar semellante reto pois o único que se conseguiría é endebedar máis o concello quen tería que optar para saneara súa economía por sacar a poxa pública a xestión do parking da Veracruz co que se combertiría nun parking privado. Acollerse ó plan E para facer o parking non me parece unha idea factible e de feito o auditorio, o pabillón de deportes, as piscinas, a biblioteca, o parque e algunhas rúas precisaban e precisan unha boa inversión para subsanar os seus defectos. Se cadra a ti te gosta pasear por un parque que parece un monte, ir a un pabillón e a unha biblioteca con goteiras, a un auditorio no que fai un frío que pela, a unhas piscinas que dende que se fixeron apenas sufriron modificacións (cantos veráns se tivo que retrasar a súa apertura ata que fixeran arranxos) e andar por rúas cheas de baches e remendos que pedían ou estan a pedir a berros un arranxo. E por certo ¿Cómo sabes que a empresa concesionaria do parking xa amortizou os gastos da súa construcción?. ¿Acaso lles pediches as facturas e o comprobaches persoalmente ou botaches as contas da leiteira?. E por último non me parece lóxico que sexan compatibles un parking privado e un público, pois o segundo lle restaría clientela ó primeiro e lle faría unha competencia desleal tendo en conta que o da Alameda nunca está cheo. Se cadra como estamos en crise pretendes aforrar os cartiños do parking, mira eu vouche a Ourense con certa frecuencia e non me queda máis remedio que deixar o meu coche nun parking ou na ORA e por elo pago 2 ou 3 euros e non me vou arruinar por elo.

Imos ver, ¿o parking da

Imos ver, ¿o parking da Alameda é unha concesión e despois revirtirá para o Concello?, efectivamente, eso acontecerá privisiblemente dentro de 75 anos, que non creo que nin tí nin eu vaiamos estar aquí para contalo, aínda que nos respete a gripe A e demáis pestes que veñan. As contas da leiteira sonche moi fáciles de botar, só tés que calcular prazas vendidas a unha media de 12 mil euros, e cuestión de sumar e multiplicar. ¿competencia desleal ? éche cousa da oferta e a demanda e a competividade da sociedade na que habitamos, eun non dixen que o público fose ser gratuíto, pero sí con prezos rebaixados, a mín preocupame o servizo público, o privado é custión dun señor empresario que arriscou os seus cartos, en todo caso é o seu problema pero non é o meu nin o do Carballiño. ¿competencia desleal? privatizar un espacio público durante 75 anos ¿a cámbeo de qué?. En canto a inversión de un millón de euros nas piscinas, biblioteca, etc, en obras de reforma é consecuencia dun problema de xestión, de nefasta xestión dos gobernos municipais dos últimos 20 anos no Concello do Carballiño, de nefasta xestión e abandono total das instalacións públicas que herdaron, porque a única infrastuctura dos últimos 20 anos, o complexo de Pena Cobertoira, mellor... corramos un tupido velo.

Graciñas por preocuparte pola

Graciñas por preocuparte pola miña lonxevidade e pola miña saúde. Certamente cando pasen estaremos ti e máis eu calvos ou cun peluquín se os nosos descendentes tiveron a ben poñernolo para non pasar frío na cabeza na outra vida...A gripe A non creo que a pillemos, bueno polo menos eu por que eu xa estou inmunizado por aturar á miña sogra e as perrerías da súa cadela. Por certo meu homiño eu non sei que leiteira che fai de asesora das contas do parking, por que a min non me cadran nin empregando as latas da leite condensada e os iogures que teño na neveira. Se a memoria non me falla vendéronse alomenos 70 prazas de aparcamento no parking que a 12000 euros saen 840000 euros. ¿E con estes cartos e máis os que aparcan ós seus coches no parking diariamente xa está amortizado o custo de facer o parking?. Pois fillo tes que darme a dirección dunha constructora para que con 100000 euros me fagan un parking nunha finca que teño na aldea. O parking da Veracruz aínda que sexa de pago a prezos baixos e unha maneira clarísima de facer unha competencia desleal o da Alameda o que provocaría unha fuga de conductores dun parking para o outro co cal a empresa concesionaria do parking da Alameda non amortizaría o custo da súa construcción de tal xeito que para amortizar a súa construcción e facer fronte á competencia do parking da Veracruz habería unha guerra de tarifas de aparcamento a ver quen rebaixa máis os prezos. ¿Privatizar un servizo público a cambio de que dis?. Pero home de Deus acaso non sabes que é práctica común cando se fan este tipo de obras é cederlle a concesión á empresa constructora para que amortize os gastos, segundo a túa lóxica os parkings serían gratuitos ou a de baixo custe e as auto estradas estarían libres de peaxe e as empresas que os construen que se amolen, con semellante lóxica non sei como non chegaches a ministro de fomento. Os defectos das obras do pabillón, do auditorio, da biblioteca, etc. foron proxectos concebidos durante o goberno de PePe Gotera e Otilio Chapuzas a domicilio lastrados dende a súa construcción con bastantes eivas e que no caso concreto da biblioteca habería que engadir a desidia do PSOE culpable coma ben apuntaches da chapuza de Pena Cobertoira. En definitiva eu vexo na construcción do parking da Veracruz un evidente trasfondo político, como un dos promotores da construcción do parking é o xefe da empresa na que traballa Carlos Montes todo é poñerlle trabas ó parking da Alameda e facerlle a competencia para que se amole construíndo un parking público. Como di o outro se a envidia fose tiña...

El problema de los parkins en

El problema de los parkins en la villas es que no funciona ninguno, la gente no está por esta labor, lo de las medianas y grandes ciudades, evidentemente es distinto. Tengo un pequeño establecimento comercial en el centro de Carballiño y hace dos años no se si recordarás que ofreciamos horas gratis de aparcamiento en el parking de la Alameda, y ni gratis, a la gente no le interesaba. Dificil de entender pero te puedo asegurar que fué asi, y si preguntas entre los comerciantes creo que te dirán lo mismo. Lo que si es cierto es que en Carballiño existe un gran deficit de plazas de aparcamiento a determinadas horas del dia y de difícil solución y no acabo de entender el motivo de que durante todos estos años no se permitiese aparcar en el entorno da la Veracruz.

Amigo comerciante, lembro

Amigo comerciante, lembro perfectamente a campaña que fixestes os comerciantes facendo descontos no parking da Alameda e certamente no Carballiño a falta de aparcamento é un problema grave según que días e a que horas, problemas que algúns resolven aparcando nas beirarúas, nas liñas amarelas e diante dos garaxes que teñen vados contando co beneplácito dos municipais que fan a vista gorda ante tamaña desvergonza. O que a xente non quera aparcar no parking da Alameda nin dándolle horas gratis xunto co feito de que o parking da Alameda nunca esté cheo, me fai cuestionar por que se construiu este parking e ademais danme á razón: o parking da Veracruz é totalente innecesario, pois vendo o que pasa co parking da Alameda, imaxínate o que pasaría co parking na Veracruz, pois máis ou menos o mesmo ou peor. Se ben mentras non se decide o destino do solar que está ó carón da igrexa da Veracruz os propietarios e máis o concello deberían permitir aparcar alí como se facía fai uns cantos anos.

Estimados amigos, os

Estimados amigos, os parquings son privados pola mesma razón que se privatizaron empresas como autopistas, telefonica, Endesa, Renfe, etc. Porque antes daban lucro para o Estado, tiñan bos postos de trabllo e non nos roubaban. Agora danlle ese luco á empresa privada, teñen empregos lixo e poñense de acordo entre elas para nos chuchar o último centimo. Para eso e para o que as empresas financian ós políticos. E que ninguén veña co conto de que, cando eran do Estado, daban perdas, eso é un conto que nos contaron para vendelas. Pero hai mais, solo coa cantidade de xente, pagada decentemente, que tiña traballo nelas, xa se xustificaba calquera perda económica. Eso sen contar que mais caros nos salen os traballadores, agora parados, que botaron á rua.

Eu tamén apoio o parking

Eu tamén apoio o parking público na Veracruz

Felicidades Argimiro, desexo

Felicidades Argimiro, desexo de verdade que sexa o inicio dunha frutífera e exitosa carreira política, e aínda que sexa tirar un pouco para a casa (cada un mira polo seu) espero que o teu nomeamento tamén sexa bó para O Carballiño do futuro, creo que me entendes...

FELICITACIONES POR TAN

FELICITACIONES POR TAN IMPORTANTE DESIGNACION. MUCHA SUERTE EN ESTE NUEVO CARGO.

Eu apoio o parking público,

Eu apoio o parking público, ademais o outro paréceme caro para unha vila coma esta onde non tes onde traballar