O Carballiño demanda a creación dunha segunda escola infantil

29 Jun 2009
A petición foi presentada persoalmente á Conselleira de Traballo e Benestar pola Concelleira carballiñesa de servizos sociais, Asunción Rivero, como unha necesiddade para O Carballiño a curto prazo e toda vez que as prazas existentes están xa cubertas para a que iniciará a súa actividade no vindeiro mes de xullo. A Concelleira recordou que a matricula para esta escola Infantil, antes chamada galescola, está aínda aberta atá o dia 10 de xullo, e se non se producen atrancos, procederíase xa a súa apertura no mesmo mes. Trátase dun servizo público de gardeiría infantil para cativos entre cero e tres anos, que se ubicará en dependencias do edificio do colexio Calvo Sotelo do Carballiño.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Asunción Rivero, Concelleira de Servizos Sociais

Comentarios

A prima do ex_presidente

A prima do ex_presidente Touriño, que ande a modiño. Agora as cousas non se arranxan en comidas familiares. A nova conselleira, moi sensata ella, fara o que teña que facer, sen caprichos de ninguen. Polo momento celebremos o anucio da conselleira de traballo da apertura inmediata da garderia infantil, que xa non e pouco.

Por fin ! en apenas dos meses

Por fin ! en apenas dos meses con Feijóo y un gobierno serio y competente ya tenenos escuela infantil en Carballiño, lo que no fué posible en cuatro años de desgobierno bipartito esperando por la galescola...cuatro años perdidos, es hora de recuperarlos !chegou o momento ! empezamos ?

Os únicos culpables do

Os únicos culpables do retraso foron os incompetentes do grupo de goberno do Carballiño, que estiveron mareando a perdiz e non firmaron no seu momento o convenio co consorcio para adherirse a rede de galescolas. Asi de claro.