O Carballiño contará con 3 esculturas dedicadas ao polbo

24, Maio 2017

A primeira das tres esculturas adicadas ao pulpo que foron realizadas o pasado ano en setembo nun certame que se realizou ao aire libre na praza da Veracruz, está xa instalada na rotonda de Conde Vallellano, entre as rúas Celso Emilio Ferreiro e Ben Cho Sei. A peza é obra do escultor Abdón Fernández, de Berán. Trátase duna tesoira cortando unha tallada de pulpo.

As outras dúas esculturas, uns rabos cocidos e unha cabeza humana con rabos saíndo do pelo, dos escultores Alberto Fernández e Claudio Barros, respectivamente, serán colocadas próximamente noutros lugares do Carballiño.

Asemade, estúdase a posibilidade de encargar a escultura dunha pulpeira cun caldeiro de pulpo a tamaño real, que podería ubicarse nalgún lugar de Arcos. Ao respecto, o concello está elaborando un proxecto para presentarlle aos pulpeiros e pulpeiras desta parroquia co obxectivo de consensualo.