O Carballiño despide o entroido cunha multitudinaria Festa da Cachucha no domingo de piñata

Máis de 2500 persoas abarrotaron os comedores dos restaurantes e mesóns do Carballño, e outras miles de persoas degustaron a cachucha en familia nos fogares carballiñeses, nesta 31 edición da festa gastronomica carballiñesa do inverno xa consolidada como un dos gran referentes festivos do domingo de piñata en Galicia.
Unhos no ámbito familiar e outros nos restaurantes, e todos compartindo o cocido a base da cachucha, revivindo asi unha tradición na nosa comarca que se remonta a moitos anos cando era costume gardar a cachucha do porco da matanza para, unha vez ben curada, degustala polo tempo do entroido.
Pola tarde, o desfile de charangas e comparsas foi seguido por miles de persoas nas rúas do Carballiño, prolongandose o ambiente festivo ata entrada a noite coa verbena da orquestra Claxxón na Praza Maior, culminando asi con éxito esta festa da cachucha que xa é o gran acontecemento de todo o ciclo festivo do carnaval no Carballiño. Sen dúbida que moito que ver no gran éxito da convocatoria foi a expléndida xornada de tempo primaveral que tivemos este domingo.