O Carballiño e San Amaro contarán cun novo obradoiro de emprego

5, Agosto 2013

Asi o confirmou a directora xeral de emprego e formación da Xunta, Ana María Diaz, tras unha entrevista cos alcaldes do Carballiño e San Amaro.

Tratase, asi pois, dun proxecto supramunicipal que terá un orzamento que ronda os 200.000 euros e dará formación a un total de 22 alumnos, que se repartirán en tres módulos, os de xardinería, albanelaría e axuda a domicilio. O Obradoiro terá unha duración de seis meses e comezará a súa actividade no vindeiro mes de outubro.