O Carballiño entra en risco alto con 23 contaxios activos, dos que 18 foron diagnosticados nos últimos dias

8, Xullo 2021

Catro novos casos detectados na últimas horas elevan ata os 23 os contaxios activos no Carballiño, según os datos oficiais de Sanidade que se corresponden con este xoves dia 8 de Xullo. A incidencia acumulada a 14 dias xa se sitúa nos 156 casos por 100.000 habitantes, o que sitúa a O Carballiño en risco alto.

Os outros concellos da comarca que rexistran casos activos son Piñor (2) Maside (1) O Irixo (1) e Beariz (1)

Peor é a situación no Ribeiro onde o coronavirus volve estar presente en todos os concellos, agás nos de Leiro e Castrelo de Miño. Á cabeza está Ribadavia, que xa alcanza os 27 contaxios activos, e tamén rexistran casos A Arnoia (4) Carballeda de Avia (3) Cortegada (2) Avión (2) Beade (1) Melón (1) Cenlle (1)