O Carballiño perde 178 habitantes no padrón municipal, a terceira caída anual máis grande dos últimos 40 anos

18, Xaneiro 2022

O concello do Carballiño perde poboación no Padrón Municipal de Habitantes, pasando de 14.089 de 2020 a 13.911 de 2021, según os datos actualizados do INE con referencia a 1 de Xaneiro de 2022. Asi pois, o novo padrón recolle un descenso de 178 persoas no novo número oficial de habitantes do municipio.

Trátase da terceira caída anual mais grande na poboación do concello do Carballiño durante os últimos 40 anos, dende 1981. Eso si, neste periodo de tempo, dende fai 40 anos, o municipio incrementou a súa poboación en 2.969 habitantes, xa que pasou dos 10.942 de 1981 aos 13.911 de 2021. O teito poboacional histórico do Carballiño sitúase no ano 2013, cando o padrón dese ano alcanzou os 14.355 habitantes, polo tanto O Carballiño perdeu nos últimos 8 anos un total de 444 habitantes.