O Carballiño perdeu 58 autónomos o último ano. As afiliacións á Seguridade Social baixan en Maside, Cea, Beariz e O Carballiño, e suben en Piñor, Boboràs, O Irixo e San Amaro.

16, Xaneiro 2020

Son datos que se correponden á evolución de afiliacións á Seguridade Social durante o ano 2019, e dos que se desprende que a comarca do Carballiño mantén practicamente inalterable o seu número de afiliacións no transcurso do últimoa ano, aínda que o balance é desigual según os concellos.

Asi, no Carballiño sube o numero de afiliados no sector da industria (+30) e mantense no do fogar e agrario, pero desplómase entre os autónomos (-58) o que da un balance negativo de 26 afiliados menos.

Tamén baixas as afiliacións en San Cristovo de Cea (-14) Maside (-9) e Beariz (-9).

Pola contra, a sorpresa positiva é que no cómputo do ano 2019 aumentaron as afiliacións á Seguridade Social en catro concellos, no de PIñor (+25), Boborás (+17) O irixo (+6) e San Amaro (+5).

Finalmente, no de Punxín a cifra permanece inalterable, e ten o mesmo número de afiliados que fai un ano atrás.

Cos últimos datos actualizados, a Comarca do Carballiño conta con 6.386 afiliacións á Seguridade Social, das que 4.229 corresponden ao municipio do Carballiño