O Carballiño roza os 15.000 habitantes, según o Padrón Continúo. Escoita aquí ao alcalde Fumega, tras reincorporarse á alcaldia.

2, Outubro 2025

Deixando atrás máis de tres meses de baixa médica, Francisco Fumega  volve asumir as súas funcións ao fronte da alcaldía do Carballiño.

No transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño, Fumega avanzou cales van ser as  actuacións prioritarias na súa xestión, entre as que se encontran a humanización da Praza Maior e a súa contorna, asi como a apertura do vial que dará continuidade á rúa Faustino Santalices.

O rexedor municipal puxo en valor o sigñificativo incremento de poboación que ven rexistrando nos últimos anos O Carballiño, citando o Padrón Continúo, Fumega manifestou que o concello está a piques de alcanzar os 15.000 habitantes, estaría a apenas 15 habitantes de chegar a esa cifra, que consolidan ao municipio como o segundo con máis poboación da provincia, tras a capital.

Escóitao aquí: