O Carballiño, único concello da comarca no que deberán respectarse os horarios para paseos e deporte, nos demáis municipios non haberá limitación horaria

30, Abril 2020

O Carballiño será o único concello da comarca, no que serán de obrigado cumprimento os horarios que deberán respectar os distintos grupos de idade para sair á rúa e espazos públicos a pasear ou facer deporte a partir deste sábado dia 2 de Maio, no caso do resto dos concellos da comarca non terán que aplicarse as normas horarias por ter todos eles menos de 5.000 habitantes. Asi se recolle na Orden Ministerial que se publica este venres.

Qué poderémos facer a partir deste sábado ?

Permítense actividades deportivas individuais, sen contacto e paseos diarios desde o dia 2 de  maio, unha vez ao día.

Permítese a práctica de calquera deporte sen contacto, individual, unha vez ao día, e dentro do municipio de residencia, xa que non se permite desprazamentos a outros domicilios.

Poderase saír acompañado dunha soa persoa coa que se conviva a unha distancia máxima dun quilómetro, ou cun coidador se fose necesario, e poderáse facer un paseo ao día.

Exclúese destas actividades a persoas con síntomas de coronavirus ou en corentena. En todas as actividades hai que manter as distancias interpersoais, recoméndase un mínimo de 2 metros.

Horarios para cada franxa de idade

-Para a práctica de deporte individual e paseos das persoas maiores entre 14 e 70 anos: entre 6.00 e 10.00 horas e 20.00 e 23.00 horas. O límite para a práctica deportiva será sempre o municipio, e para os paseos ata 1 quilómetro do domicilio

-Maiores de 70 anos e dependentes ou quen teña que saír cun coidador: de 10.00 a 12.00 horas e de 19.00 a 20.00 horas. .

-Menores de 14 anos acompañados dun adulto: de 12.00 a 19.00 horas.