O Compos sae con vida de Espiñedo ante un Arenteiro que o superou na segunda parte

10, Outubro 2021

Espiñedo rexistrou a mellor entrada en moitos anos para ver este Arenteiro-Compostela (1-1) correspondente á 6ª xornada do campionato de liga na Segunda División RFEF, un reparto de puntos que deixou máis satisfeitos aos santiagueses que aos carballiñeses.

Tras unha primeira parte igualada e na que ambos equipos tiveron as súas ocasións para adiantarse no marcador, a máis clara un zambombazo que Adrián Cruz enviou sobre a portería de Pato e repeleu o poste. Pero chegou un deses goles que decimos sicolóxicos, cando os dous equipos agardaban polo descanso no prolongado desconto da primeira parte, Primo adiantou ao Compostela.

Nada máis reaunudarse o partido tralo paso por vestiarios empatou o Arenteiro por mediación de Renan Zanelli, que enviou un tiro axustado ao pau imposible para o gardameta compostelán. O gol espoleou aos verdes que forónse polo partido ante un Compostela que se vía superado, aínda asi chegaron un par de veces con perigo aos dominios de Diego García, non obstante foi o Arenteiro o que levou o peso do partido durante toda esta segunda metade e tivo ata 3 claras ocasións para darlle a volta ao marcador, non houbese sido inxusto.

FICHA TÉCNICA:

CD ARENTEIRO: Diego; Eimil, Ger, Portela, Mariña, Joseca (Naveira, m.84); Alex Fernández, Adrián Cruz (Markitos, m.71), Renan; Sobrido (Raúl Blanco, m.77) e Adri Castro (Sylla, m.77).

SD COMPOSTELA: Pato; Roque (Saro, m.72), Álvaro Casas, Guille Torres, Salado; Pablo Antas; Rafa Mella (Parapar, m.18), Samu (Joel, m.60), Josiño (Jordan, m.60 (Pablo Durán, m.72)), Escudero; e Primo.

GOLES: 0-1: Primo, min.45+4; 1-1: Renan, min.46.

Árbitro: O galego Quintairos Rial. Moi protestado pola afección local, cometeu numerosos erros de apreciación que perxudicaban casa sempre ao Arenteiro, tamén se lle reclamou un penalti na área do Compostela por man dun defensor visitante. Amonestou a Adrián Cruz, Naveira e Mariña no Arenteiro, e Millán Fernández no banco local; asi como a Rodri (adestrador), Salado e Jordan, polo Compos.