O concelleiro socialista pide ao alcalde "unha reunión para rebaixar a tensión política"

22, Xaneiro 2014

Alberto Otero, o representante socialista na corporación de Boborás, aproveitou unha intervención nesta emisora de radio para lanzar esta petición ao alcalde Cipriano Caamaño.

Considera o socialista "que a situación de permanente enfrontamento que temos nos plenos perxudica a imaxe do noso concello". Otero referíuse ademáis "ás ánsias de Cipriano de chamar continuamente á Garda Civil, cando ésta debera estar para outras cousas".

O concelleiro do PSdG fixo unha proposta concreta ao alcalde Cipriano Caamaño que tería como obxetivo rebaixar a tensión política no concello de Boborás "pídolle ao alcalde que reuna aos portavoces, que nos sentemos e falemos, sería o mellor para o concello", subliñou.

Unha vez tivo coñecemento destas declaracións, o alcalde boborense manifestou que "eu sempre estou aberto ao diálogo e a confrontar ideas coa oposición, por suposto que sí, pero co que non estou dacordo nin permitiréi en ningún caso son difamacións ou provoacións, veñan de onde veñan", dixo Caamaño.