O Concello de Avión mellora o servizo de emerxencias coa adquisición dunha 2ª ambulancia

17, Marzo 2010

Desde o mes de marzo de 2009, o recorte nas prestacións que viña ofrecendo a "Cruz Roja" que se viña encargando dos traslados sanitarios, levou o Concello de Avión a reforzar os medios tanto humanos como materiais na Agrupación de Voluntarios de Proteccción Civil, que desde entón puxo en marcha "Emerxencias Avión", con cobertura as 24 horas os 7 dias da semana. Durante este periodo de tempo, atá final de 2009, polo tanto dez meses, "Emerxencias Avión" realizou un total de 335 servizos, dos que o 60% corresponderon a traslados sanitarios, sendo desta maneira ún dos Concellos de Galicia que máis prestou este servizo, atendendo as emerxencias sanitarias non só do Concello de Avión, senón de outros do contorno, como Beariz, Boborás, Leiro. Melón, O Irixo, Carballeda de Avia,  Beade, e incluso outros da provincia de Pontevedra, como foi o caso de Covelo, A Lama e Fornelos de Montes. Agora, O Concello de Avión ven de adquirir unha segunda ambulancia para mellorar a cobertura do servizo, de tal maneira que "poderémos atender dúas emerxencias de forma simultánea, pois ademáis de facernos con esta nova ambulancia, tamen congtamos co persoal preparado para manexar o desfibrilador co que se conta no posto de emerxencias" explicou no programa "A Mañá de Cope" o Alcalde de Avión, Antonio Montero.