O Concello de Maside contará cun orzamento ordinario de millón e medio de euros para este ano

2, Xullo 2009

A millón e medio de euros ascende orzamento ordinario do Concello de Maside para o ano 2009, que aprobou esta mañá o pleno da corporación muncipal e cos votos favorables do grupo socialista, mentres o partido popular votou en contra. Casimiro Campo, o portavoz dos populares lamentou que non se conte co seu grupo para acadar unhos orzamentos de consenso. A oposición tamén votou en contra da aprobacióin dos estautos que rexirán o consorcio dos Concellos de Maside, Piñor, Punxín, Carballeda de Avia e Cortegada, que se encargará da xestión do lixo no ámbito muncipal dos respectivos Concellos. O Alcalde, Celso Fernández ven defendendo que a adhesión do Concello de Maside a este consorcio será moi positivo para a economía muncipal porque entende que "se aforrarán costes e melloraráse a xestiíon da recollida do lixo".Opinión ben distinta é a que mantén o partido popular, que por medio de Casimiro Campo ven manifestando o seu rexeitamento á constitución deste consorcio, xa que "Maside debería continuar formando parte da Mancomunidade do Carballiño e non embarcarse en aventuras de moi dubidosa viabilidade"