O concello de Piñor contará cun novo edificio de usos múltiples, a Xunta licita a obra de construcción por 450.000 euros

20, Novembro 2021

A Xunta de Galicia licita por 450.000 euros as obras de construción do novo edificio de usos múltiples de Arenteiro, no concello de Piñor. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou esta semana a licitación na Plataforma de contratos públicos, cun prazo de presentación de ofertas aberto ata o martes 7 de decembro.

A actuación, cuxo prazo de execución é de 11 meses. trátase dun edificio, cunha superficie construída de 372 m2, destinado a usos múltiples para realizar tarefas sociais e deportivas. Habilitaranse dous andares, cunha planta baixa e unha planta primeira. Tal e como se recolle no proxecto, o andar baixo está pensado para albergar unha das salas do edificio, os aseos, o cuarto de instalacións e o almacén; mentres que no primeiro andar, habilitarase unha sala de maiores dimensións con gradas retráctiles, almacén e unha solaina.

A conexión vertical entre ambos andares resolverase coa instalación de ascensor e a construción dunha escaleira. As carpinterías exteriores serán de aluminio con rotura de ponte térmico e dobre vidro con control solar, e a cuberta terá un armazón de madeira laminada, acabado de tella cerámica plana vermella. En canto ás carpinterías interiores, disporanse portas cegas dunha folla.