O concello do Irixo incorpórase á "Red de pueblos mágicos de España", que promocionará os productos locais e os actractivos turísticos do municipio.

21, Marzo 2022

O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira comentou en COPE O Carballiño que esta idea "xurdíu e consolidouse este ano en Fitur, ademáis do Irixo van incorporarse a esa asociación no que respecta á provincia de Ourense os concellos de Larouco e A Veiga, e xa formaba parte desta rede o concello de Ribadavia, que ata agora era o único da provincia".

Cerdeira considera que con esta adhesión por parte do concello, O Irixo contará cunha nova plataforma de promoción dos productos locais, das rutas de sendeirismo e dos moitos atractívos turísticos do municipio, fundamentalmente a súa riqueza natural e paisaxística. A Iniciativa Pobos Máxicos pretende axudar aos municipios para poñer en valor os seus recursos locais impulsando o Desenvolvemento Turístico Local. Analízase cada territorio en base a dez áreas de traballo que inclúen Calidade de Vida, Urbanismo, Patrimonio, Festas e Tradicións, Gastronomía e Produtos Locais, Paisaxes, Natureza e outros intanxibles que fan que uns pobos sexan únicos, sexan máxicos.

Unha vez realizado este primeiro estudo considérase a un pobo como Pobo Máxico Seleccionado, nese momento contáctase coas autoridades locais informándolles da análise feita, explicando o programa e comprobando se teñen interese en participar no mesmo. Unha vez que as autoridades locais manifestan o seu interese en incluír o seu pobo na Rede de Pobos Máxicos visítase o mesmo e xunto ás autoridades locais, técnicos de turismo, asociacións de comerciantes, hostaleiros, etc. faise un traballo de campo para elaborar o expediente como Pobo Máxico Candidato e sométese á consideración do Comité Técnico Nacional de Pobos Máxicos .

A inclusión dun Pobo na Rede de Pobos Máxicos de Españas supón o acceso aos múltiples servizos de Promoción e Desenvolvemento Territorial que esta ofrece e ao uso da Marca Rexistrada e Logo de Pobos Máxicos de España, como distintivo de calidade e singularidade do Municipio.