O concello realiza traballos de desinfección nos espazos públicos e de máis concurrencia do municipio

19, Outubro 2020

As labores de desinfección que leva a cabo o concello de Boborás terán continuidade nos próximos dias como medida de prevención ante o coronavirus, que durante a fin de semana aumentou en 6 os contaxios activos no municipio.

Os traballos fanse nos espazos e accesos tanto aos edificios públicos como do ámbito privado naqueles lugares de máis concurrencia de público, como son establecementos de hostelería, alimentación e outros.