O Concello solicitará de Fomento financiación para ampliar o túnel de Rapariz

5, Maio 2009

O proxecto xa fora presentado fai dous anos atrás, coincidindo co anuncio da obra de reforma da avenida de Compostela, xa rematada. Trátase da cubrición dun treito de 30 metros da via do ferrocarril que atravesa a avenida de Compostela, a altura do barrio de Rapariz, dandolle asi continuidade a área recreativa esixtente xa na actualidade sobre o túnel, e que será ampliada unha vez se leve a cabo este proxecto para o que o Concello do Carballiño ven de recibir os permisos correspondentes da dirección xeral de patrimonio e infraestructuras do Adif. A parte na que se actuará será á que queda máis próxima a estación de ferrocaril. A memoria elaborada polos técnicos apuntaba a un orzamento de trescentos mil euros para poder executar o proxecto, para o que aínda non existe financiación. Precisamente, por este motivo, o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, anunciaba que nas próximas semanas viaxará a Madrid para entrevistarse con responsalbles do Ministerio de Fomento, agora dirixido polo galego Xosé Blanco, coa confianza de regresar co compromiso da correspondente dotación económica que faga posible a execución desta obra.