O CPI Terras de Maside galardonado na "II edición dos premios Xardín Galego"

25, Xaneiro 2021

O CPI Terras de Maside ven de ser recoñecido cun premio a nivel galego na "II edición dos premios Xardín Galego" pola intervención feita no centro, para converter un patio interior nun xardín oriental, un espazo que viña sendo utilizado como a papeleira do colexio.

O proxecto premiado foi deseñado e realizado por Rosa Arícia Rodríguez. A ambientación das paredes ata o segundo piso foi obra dos deseñadores Iván e Carlos de Anphilocos S.C.

Os premios Xardín Galego son un galardón posto en marcha pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería (Agaexar) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería en Galicia.

Para máis información
https://www.agaexar.gal/ii-edicion-dos-premios-xardin-galego/