O crecemento natural cae a mínimos históricos no Carballiño: o desplome de nacementos (67) e un repunte nas defuncións (201) deixan o peor dato dende que hai rexistros no INE

26, Xaneiro 2021

Os datos do movemento natural da poboación que ven de publicar o INE son os peores que presenta o concello do Carballiño dende que hai rexistros dispoñibles, que se remontan ao ano 1975. Asi se desprende dos indicadores demográficos básicos que cada ano publica o Instituto Nacional de Estadística extraídos do último Padrón Municipal de Habitantes..

O crecemento vexetativo no concello do Carballliño alcanza mínimos históricos. En 2019 (Os datos son do Padrón de 2020 pero en realidade refírense ao ano anterior ) a diferencia entre nacementos e defuncións presenta un saldo negativo de 134 persoas. A baixa natalidade rexistrada durante 2019 e un lixeiro repunte da mortalidade explica os datos, xa que se rexistraron 67 nacementos e o número de falecementos ascendeu a 201 no municipio carballiñés.

Nunca antes tan poucos nenos naceron no Carballiño nin tantos falecementos se rexistraron. Para encontrarnos unha cifra tan baixa de nacementos temos que retroceder ata o ano 1997, daquéla con 70 nacementos. O mellor ano para a natalidade no concello do Carballiño foi 2010, con 130 nacementos, practicamente o doble do último exercicio.