O debate decisivo no concello do Carballiño, este venres dia 26 ás 13:15 h. en COPE O Carballiño

24, Maio 2023

Último dia de campaña electoral, este venres 26 de maio, coas candidaturas que concorren a estas eleccións municipais do 28-M apurando as últimas horas para atraer o voto dos indecisos, que poderían ser decisivos para o resultado electoral no concello do Carballiño.

Os cinco candidatos que optan á alcaldía do Carballiño buscarán a complicidade dos oíntes nesta desputada pelexa polo voto do electorado carballiñés, o debate iniciaráse ás 13:15 horas e os candidatos disporán de ata seis turnos de intervención, en total 12 minutos para para candidato, que intervirán por orden de menor a maior representación na corporación municipal carballiñesa: Manuel Nogueira (Podemos) Sofía García (Bloque Nacionalista Galego) Pachi Vázquez (Espazo Común) Lino González (Partido Popular) e Paco Fumega (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE).

O debate, presentado e moderado por Xan Pinal, poderá sintornizarse en directo no 91.9 FM,  online en conexión con www.copecarballino.es , e posteriormente no PODCAST dispoñible para a súa escoita a calquera hora nesta mesma WEB.