O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, reúnese coa alcaldesa do Irixo Rosa María Dalama.

21, Abril 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa alcaldesa do Irixo, Rosa Dalama.

A alcaldesa acudíu a este acto acompañada da concelleira Dolores Fariñas, que xunto á rexedora -ambas do grupo de non adscitos- gobernan o concello, e tamén do portavoz do Partido Popular, Manuel Cerdeira cos que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.

Manuel Pardo, despóis de repasar coa rexedora e concelleiros asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello do Irixo”.