O deportista carballiñés Francisco Manuel González "Fran" obtén unha brillante clasificación no campionato de España de Paracanoe

2, Agosto 2021

Esta fin de semana celebrouse no centro deportivo David Cal o campionato de España absoluto de paracanoe no que o carballiñés e deportista integrado no Club Fluvial Avión Francisco Manuel González conseguiu a décima primeira posición na categoría KS nas distancias de 500 m e 200 m.

Foi a súa primeira participación nesta competición. O paracanoe é unha modalidade de piragüismo reservado para palistas con algunha limitación funcional.

Na foto, Franscico Manuel González "Fran" co seu adestrador Pedro Andrés.