O Festival de Teatro galego aposta este ano polos "espectáculos de vangarda"

6 Sep 2010
Presentación do FETEGA
Trátase dunha edición na que "asumimos o risco de apostar por unhos espectáculos de moita calidade e tamén moi arriscados en canto a súa proposta estética", asi se refería a actirz carballiñesa Josi Lage, coordenadora do Festival de Teatro Galego, ós 3 espectáculos que poderémos ver durante esta semana no auditorio do Carballiño. Abre a programación o martes dia 7 a compañia "Obras Públicas" coa súa obra "Life is a Paripé", escrita e dirixida por José Prieto Alvarez e con interpretación de César Goldi, Iolanda Muiños, Mos. O mércores 7 será para compañia do Morrazo "Teatro de Ningures", que elexíu o FETEGA carballiñés para estrear o seu novo espectáculo "Homes...Mulleres", con Paula Carballeira, Maria Armesto e Santiago Cortegoso no reparto, e baixo dirección de Etelvino Vázquez. O xoves dia 9 sumase á carteleira do Festival "Nut Teatro", con outra arriscada proposta en "Wake Up", con dirección de Carlos Neira, e 4 mulleres no reparto, Nerea Barros, Xiana Cancelas, Arantza Villar e a carballiñesa Iria Sobrado. Xa finalmente, o venres dia 10 celebraráse a sesión de clausura coa xa habitual "Gala de entrega de premios", que se será presentada polo actor galego Josito Porto, e na que tamén actuará o bailarín arxentino Marco González. Para esta gala de clausura a entrada ó auditorio será de balde, mentres que para o resto dos espectáculos o prezo das entradas será de 5 euros. No acto de presentación do Festival, na casa do Concello do Carballiño, estiveron presentes o Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, e a Concelleira carballiñesa de Cultura, Asunción Rivero, que comprometeron a continuidade do apoio económico para este evento cultural, malia que as subvenciós este ano reducironse á metade, en relación ás dos ultimos anos. Este recorte das achegas públicas, levou a organización a buscar axudas no sector privado, destacando as aportadas por Frigoríficos Florindo e Hijos,  Centro Comercial Aberto do Carballiño e Empresa Montañesa.

Comentarios

Non podemos criticar esta

Non podemos criticar esta oprtunidade que se nos ofrece con estas xornadas de teatro, única manifestación de calidade no pobo. Aínda que chamarlle "FESTIVAL" produzca risa...

Oes é logo si non é festival,

Oes é logo si non é festival, para ti que ven sendo? Fuches ver algunha das obras? porque eu si ás duas primeiras e hoxe conto con volver. E dende logo que é un festival xa que temos a sorte grazas o traballo de 4, de ver uns traballos estupendos, divertidos e de moita calidade.

Claro que fun, non vou perder

Claro que fun, non vou perder esa oportunidade e quero deixar constancia de que non teño máis que palabras de eloxio total para as obras e para os organizadores, por isto respeto moito a súa opinión e quédome con ela.

Pois mirade, eu estou dacordo

Pois mirade, eu estou dacordo coa mala xestión o o pésimo apoio que se leva a cabo dende o concello xa non só en canto a actividades sinon en xeral. Pero quero felicitar os organizadores do FETEGA que, a pesares de dispor de menos apoios económicos siguen adiante para que non esmoreza unha das actividades que engrandecen a cultura do noso pobo. Felicidades. E os do Concello que lle den.

Señora Asunción: ¿como ten

Señora Asunción: ¿como ten vostede a pouca vergonza de chamarlle festival a tres días de teatro? A súa tarea cultural no Carballiño é máis pésima que a da súa antecesora, que xa é dicir. A cultura no Carballiño e a creatividade están en situación crítica. As XOCIVIGA un fracaso de público, a Biblioteca dá pena pola nula atención que lle presta, o teatro, etc...

Xa se denota niste comentario

Xa se denota niste comentario de que partido e vostede, xa que todo esta mal o que fai tanto PSOE e BNG, o mellor e que vostede se presente nas proximas municipais haber si o fai mellor.

Esta rapaza, cada vez se

Esta rapaza, cada vez se senta mais preto do sillón da alcaldía, ademáis agora non ten que empurrar ao Montes que vai soliño.

si asun alcaldesa e dacal

si asun alcaldesa e dacal tenete de alcalde e pachi concelleiro, non conselleiro, de festas