O grupo provincial do PP esixe ao Goberno de España a mellora da atención e integración do colectivo inmigrante, con especial atención á poboación venezolana, máis de mil persoas na comarca do Carballiño.

O Grupo Provincial do Partido Popular defenderá unha moción no vindeiro pleno da Deputación unha moción para a mellora da atención e integración do colectivo inmigrante da provincia, con especial atención á poboación venezolana.
Para explicar esta proposta, esta mañá compareceron en rolda de prensa a voceira dos populares, Patricia Torres, xunto ao presidente da Asociación de Venezolanos “Alma Llanera”, Lorenzo González; e a deputada Teresa Barge como representante da comarca con máis venezolanos de toda a provincia, analizaron polo miúdo a necesidade de garantir unha maior axilidade nos trámites que deben realizar as persoas inmigrantes, así como evitar que as mafias existentes se lucren por trámites que son gratuítos, como por exemplo, as citas na Comisaría para tramitar o NIE, documento absolutamente imprescindible para traballar, alugar unha vivenda, e arraigarse na provincia.
“No Partido Popular poñemos de manifesto esta problemática para que o Goberno de España axilice a homologación dos trámites, pois nesta provincia precisamos que as familias que queren vir se arraiguen, algo fundamental para o reto demográfico”, sinalou Patricia Torres. “É absolutamente necesario para fixar poboación activa no rural, e poboación moi cualificada, ademais”, precisou Teresa Barge.
Pola súa banda, Lorenzo González recalcou que “mocións coma esta son moi necesarias para que poidamos loitar contra a nosa indefensión”, lembrando que son máis de 9.000 as persoas procedentes de Venezuela que están a residir actualmente na provincia, “pero poderían ser moitas máis se non existisen tantas trabas para poder legalizar a súa situación e traballar”.
Acordos
Por todo elo, os acordos que contempla a moción que defenderán os populares baséanse en instar ao Goberno de España a: mellorar os procesos de acollida, regularización e inserción laboral do conxunto da poboación migrante, reducindo tempos de espera e garantindo un trato digno e eficiente; a revisión do Regulamento de Estranxeiría para evitar que as persoas solicitantes de asilo teñan que renunciar á súa protección internacional ou ao seu emprego para optar a outras vías como o arraigamento; a acelerar a homologación de títulos académicos e cualificacións profesionais, especialmente no caso de migrantes con alta formación que non poden exercer a súa profesión en España; a garantir un sistema de xestión de citas transparente, accesible e eficaz, combatendo a actuación das mafias e evitando que as persoas migrantes queden atrapadas en situacións administrativas irregulares por falla de acceso aos procedemento; a modificar o programa de fomento da rexeneración e renovación de vivenda urbana e rural coa ampliación partidas especificas en concellos de menos de 5.000 habitantes sen limite de idade, destinada o aluguer.
O último punto dos acordos prantexa promover desde a Deputación de Ourense políticas activas de integración social, laboral e educativa para persoas migrantes, en coordinación cos concellos e co tecido asociativo, poñendo en valor, en colaboración coas entidades locais, o papel positivo do colectivo venezolano no reforzo demográfico e económico da provincia, impulsando campañas de visibilización e apoio institucional.