O Irixo executa obras subvencionadas polo Fondo de Compensación Ambiental en Cangues

23, Marzo 2015

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou o concello do Irixo para coñecer "in situ" as actuacións que se executaron no municipio ao abeiro das subvencións do Fondo de compensación Ambiental, onde destacou "o beneficio que aporta o Fondo para os pequenos concellos da  provincia".

Rogelio Martínez, que estivo acompañado polo alcalde, Manuel Penedo, destacou que no Irixo apostouse polas obras no abastecemento e a recuperación de espazos degradados, e a subvención por importe de máis de 56.000 euros utilizouse para resolver o problema da subministración de auga potable que tiña a poboación da parroquia de Cangues e para recuperar as dúas pozas empregadas para a regulación e reserva de auga en Casar de Cangues.