O Irixo recibe a centos de visitantes con motivo da celebración do campionato galego de Enduro

7 May 2010
Organizadores do Enduro
Por vez primeira neste tipo de competicións, O Concello do Irixo acollerá este domingo dia 9 da maio a celebración da 3ª proba puntuable para o campionato galego de Enduro, que atraerá a centos de afecionados procedentes de toda a xeografía galega. O Tenente-Alcalde Manuel "Lito" Cerdeira salientou "a importancia de que este acontecento se celebre no Irixo, xa que desta maneira serán centos de persoas as que coñezan o noso Concello e pasen entre nós a fin de semana". Son en total 90 os pilotos que tomarán parte nesta competición, como avanzou José Canda, en representación da organización, que conta coa colaboración do "Club Sobre Rodas", o "Moto Club Móvete na Moto", e o propio Concello do Irixo. O ambiente moteiro xa comezará a notarse na xornada do sábado, con motivo das verificacións técnicas e administrativas que se farán na praza do concello do Irixo. Desde este mesmo lugar, sairán os participantes neste campionato galego de Enduro o domingo ás 9 da mañá, para dirixirse atá montes próximos á localidade da Ermida, ónde terá lugar un circuíto especial de 5 kilómetros, para continuar despois polos por dintintos pobos no entorno do Irixo, atá completar un recorrido de 37 kilómetros. A entrega de premios faráse ás 4,30 da tarde. Entre os pilotos participantes estará Xacob Agra, que foi recentemente subcampión mundial desta modalidade deportiva.

Comentarios

¿Como quedou o Arenteiro?

¿Como quedou o Arenteiro?

Como sempre, perdeu, eso sí,

Como sempre, perdeu, eso sí, desta vez solo lle meteron tres. Imos mellorando...

Parece mentira que no século

Parece mentira que no século XXI aínda teñamos que tragar que competicións deste tipo atraen turístas. É máis o dano que fan que o beneficio que se recibe, e senón que llo pregunten ós veciños de Coles, que non queren nin falar desta competición, e co tempo pasaralle o mesmo no Irixo. Os estragos que fan na rede de camiños forestais é enorme, por non falar de danos á fauna e á flora, e todo para que uns poucos poidan "fardar" de motos.

E os danos que comete a fauna

E os danos que comete a fauna que a vostede tanto lle preocupa e a min me estraga os cultivos, que?, e todo pra que uns poucos poidan "fardar" de ecoloxistas.

Non semella que estas

Non semella que estas competicións vaian resolver os seus problemas coa fauna e cos cultivos. Se ten problemas coa fauna peche a finca, porque os animais tamén teñen dereito e queren comer e non saben de propiedades. Se ten problemas cos ecoloxistas non semella que esta noticia sexa o tema adecuado para que vostede os plantexe.

Mire, peche e limpe, sobre

Mire, peche e limpe, sobre todo limpe as súas si é que as ten, e deixese de tantas bobadas.

E ónde estabas tí cando no

E ónde estabas tí cando no verán de 2005 houbo a vaga de incendios que provocou a maior catástrofe ecolóxica que se recorda no Irixo, onde estabas tí es os "nunca máis" que aínda vos estamos esperando, seudoecoloxistas de pacotilla, resulta que agora transitar por unhos camiños é un atentado ecolóxico...veña xa..

Ley de Montes Artículo 54

Ley de Montes Artículo 54 bis. Acceso público. 1. El acceso público a los montes podrá ser objeto de regulación por las Administraciones Públicas competentes. 2. La circulación con vehículos a motor por pistas forestales situadas fuera de la red de carreteras quedará limitada a las servidumbres de paso que hubiera lugar, la gestión agroforestal y las labores de vigilancia y extinción de las Administraciones Públicas competentes. Excepcionalmente, podrá autorizarse por la Administración Forestal el tránsito abierto motorizado cuando se compruebe la adecuación del vial, la correcta señalización del acceso, la aceptación por los titulares, la asunción del mantenimiento y de la responsabilidad civil.

É clara a lei de montes que

É clara a lei de montes que prohibe este tipo de actividades. Tal vez quen consente que, na época de cría de aves e de mamíferos, se leven a cabo tais competicións, debería leela e pensar que os arganizadores non veñen tra lo prestixio destes pequenos pobos e sí en busca da permisividade que en lugares mellor informados xa non son consentidas. Degradase o medio natural, o solo, a fauna e agravse o risco de incendio. Está ben promocionar as vilas, pero non a costa de perxudicar a natureza con actividades perniciosas e prohibidas na maioría do País.http://www.google.es/#hl=es&source=hp&q=prohibicion+vehiculos+por+el+monte&aq=f&aqi=&aql=&oq=&gs_rfai=&fp=194a0e0e7d392096