O parque empresarial de Cea comezará as súas obras en setembro, segundo o seu alcalde José Luis Valladares

9, Xullo 2009

(Redacción. Belén González) As obras do novo parque empresarial do concello de San Cristovo de Cea comezarán o vindeiro mes de setembro; neste parque instalaráse a madeireira as Cinco Jotas. A nave desta empresa ocupará ó redor dos 50.000 metros cadrados e ofrecerá traballo entre as 140 e as 160 persoas. Ademáis do empuxe socio-económico que suporá a instalación da mesma para a comarca, as Cinco Jotas é  non contaminante e creará postos de traballo directos e indirectos como o aproveitamento dos montes entre outras vantaxes. Nas declaracións feitas polo alcalde José Luis Valladares á nosa emisora, "a construcción deste parque empresarial darálle vida tanto ó concello como á comarca de O Carballiño". Valladares destacou que a construcción deste parque faráse en montes comunais pertencentes ós veciños de Fondo de Cea, tamén resaltou a situación privilexiada grazas as autoestradas feitas nos últimos anos como a que comunica Santiago-Ourense e a próxima apertura da autoestrada Lugo-Ourense. O máximo representante do concello de Cea lamentou a falta de colaboración durante o goberno bipartito, sobre todo, por parte do Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. Valladares dixo que cando o proxecto chegou as mans de Vázquez, este "gardou o estudo de impacto ambiental nun caixón" e agora están retomando a idea para que as Cinco Jotas se instale no parque empresarial. Esta empresa está formada polos irmáns Jacobo, Javier, Julio e José. Naceu nos anos 60 en Vigo grazas a D. Julio Costas González. En 1985 comezou a fabricación das primeiras construccións en madeira coa idea da casa como segunda vivenda. Hoxe en día esta empresa conta con 15.000 metros cadrados que fabrica e instala todo tipo de edificacións. Destacan as vivendas unifamiliares como primeira residencia e sempre cumplindo as normas de edificabilidade e habitabilidade. Un proxecto que comezará a ver a súa luz este ano e comezará con esta empresa madeireira.