O Partido Popular advirte da "débeda de máis de medio millón de euros aos proveedores que hipoteca o futuro do Concello de Maside"

11, Abril 2012

O Portavoz do Partido Popular de Maside, Casimiro Campo, lamentou que "en tempos de bonanza económica, cando se construíu o ave e se despilfarrou en obras inútiles, non se aproveitase para correxir a débeda do concello".

Según os datos revelados no transcurso da súa intervención radiofónica en COPE O Carballiño polo portavoz do Partido Popular, o concello de Maside mantén unha débeda coa empresa AQUAGEST por importe de 435.000 euros "iso é o que figura en facturas pendentes con esta empresa no plan de pagamento aos proveedores que recentemente aprobou o pleno da Corporación".

"O Curioso é que temos máis de 70.000 euros que quedaron sen cobrar en recibos, e eso que estamos a falar de recibos de 4 ou 5 euros, e nin asi se cobraron, asi que non sei que pasará agora cando lle cheguen recibos de 20 e 40 euros aos veciños e negocios coa subida que se aprobou", dixo o portavoz popular.

Casimiro Campo aclarou que "á xente que se lle debe hai que pagarlle, pero se houbese unha boa xestión non se chegaría a esta situación, esta débeda de máis de medio millón de euros hipoteca o futuro do noso concello, porque agora hai que pensar en que durante 10 anos hai que pagar este diñeiro e os seus intereses, e para un concello como Maside estamos a falar dunha cantidade moi elevada".

Ademáis de AQUAGEST, no plan de pagamento aos proveedores do Concello de Maside, tamén se incluiron outras facturas con contias menores, entre elas as que o concello debe a SOGAMA ou FENOSA, por importe de 20.653 ou 31.000 euros respectivamente, e outras a empresas locais. En total, as facturas incluidas polo Concello de Maside neste plan de pagamento aos proveedores suman 564.000 euros.