O Partido Popular arrasa en Cea, O Irixo, San Amaro, Beariz e Avión

23, Maio 2011

En San Cristovo de Cea, Valladares amplia a súa maiora na Corporación, atá chegar ós 9 Concelleiros, que lle dan os 1.410 votos que obtivo o Partido Popular neste Concello. BNG e PSOE repartense os outros dous Concelleiros que completan a Corporación Municipal. Tamén amplias as súas maiorias absolutas os Populares en Avión e O Irixo. Antonio Montero obtivo un respaldo maioritario en Avión, que se traduce en 10 actas de Concellais, nunha Corporación na que perde a súa representación o PSOE, mentres que o BNG conserva a súa única Concelleira. En San Amaro, Ernesto Pérez tamén mellora os seus resultados en relación a fai 4 anos, e contará con 6 Concellais na futura Corporación, os outros 3 son para os socialistas. Curiosamente, o Partido Popular, que obtivo 8 concellais en Beariz, vé como por vez primeira nos últimos anos o Concello gobernado polo Alcalde Manuel Prado terá oposición, ó entrar por vez primeira na Corporación Bearicense o Bloque Nacionalista Galego, Pilar Barros será a súa representante.