O Partido Popular pide amparo ao Valedor do Pobo ante "a dictadura institucional implantada polo alcalde de Piñor"

29, Xaneiro 2014

Os populares aseguran que o rexedor socialista non respeta as datas dos plenos e non facilita os expedientes solicitados pola oposición, e tampouco a documentación da orde do dia.

O Grupo Municipal do PP de Piñor lamenta a grave obstaculización que está provocando o alcalde socialista á labor de oposición dos concelleiros populares,  quenes manifestan que “en Piñor estamos vivindo unha ditadura en toda regra por parte do Sr Alcalde, Francisco José Fraga Civeira”

Explican os populares que o rexedor socialista non convoca os plenos nas datas preestablecidas, facéndoo ao seu libre antoxo sen consultar siquera cos membros da Corporación. “Chegou a aprobar en pleno unha modificación do acordo tomado no pleno de organización de principio do mandato, que lle permite poñer o pleno nun rango de datas en función da carga de traballo e dos asuntos que teñamos para levar ao pleno”, sinalan dende o PP de Piñor.

Asimesmo, o Grupo Municipal do PP de Piñor alerta de que coa convocatoria dos plenos non adxunta a documentación correspondente aos puntos do orde do día. “En diversos escritos que lle remitimos por este motivo sempre contesta que non se nos entrega copia pero que está á nosa disposición para  que poidamos consultala. En ocasions excepcionais entrégasenos copia de algo puntual pero nunca toda a documentación que requerimos para poder realizar a nosa labor de fiscalización e análise da acción de goberno. Esto dificulta moito o noso traballo diario e provoca que non poidamos ter os expedientes para consultalos con máis detenimento para argumentar o noso sentido do voto en cada punto”, manifestan.

"A última falcatruada do alcalde consistiu en que o Grupo Municipal do PP presentara as alegacións ao presuposto municipal e non as levou a pleno. É dicir, saiu a aprobacion definitiva no BOP cando aínda non lles contestara ao escrito dos populares no que lles comunicaba que non as admitía", aseguran dende o Partido Popular.

Por toda esta situación de bloqueo constante á labor de oposición do Grupo Municipal do PP, os populares porán estes feitos en coñecemento do Valedor do Pobo, elevando esta queixa formal dado que "é un ataque frontal contra representantes lexítimos dos veciños e veciñas de Piñor que depositaron a súa confianza no Partido Popular nas pasadas eleccións municipales" (476 votos acadou o PP fronte ós 516 do PSOE).