O Partido Popular propón que a Festa do Polbo sexa dedicada ó Xacobeo

10 Mar 2010
A proposta foi presentada esta mañá por medio dun escrito dirixido ó Alcalde do Carballiño,  solicitando que a vindeira edición da festa do polbo que se celebrará o domingo 8 de agosto sexa dedicada ó Xacobeo 2010. O Partido Popular expón como "O Xacobeo é un acontecemento especial para tódolos galegos e galegas, sexan ou non cristiáns, e arredor do mesmo xurden acontecementos de tipo social e cultural de ampla diversidade que complementan o potencial turístico". Tamén subliñan os populares que a Festa do Polbo está considerada como a festa gastronóminca máis importante e representativa das convocatorias festivo-gastronómicas de Galicia, polo que "a confluencia de ambos acontecementos sería moi positivo, o noso Patrón Santiago sentiríase honrado, e o Xacobeo e os seus perregrinos terían a súa disposición a mellor das festas gastronómicas de Galicia e o mellor pulpo á feira que nunca teñan comido". Sería ésta a segunda vez na que se dedicaría a festa carballiñesa ó Xacobeo, a primeira foi no ano 1993.

Comentarios

A min gustaríame saber qué se

A min gustaríame saber qué se esconde detrás da proposta dos do pp. E por certo que terá que ver o touciño coa velocidade. Que terá que ver a festa do pulpo con Santiago (non sei si Santiago pescaría moitos pulpos aló pola Galilea) eo Xacobeo, Non quero decir que teña que ver máis Andalucía, que tamén ¡vaia por Deus!!!. Os politicos con tal de non espremer os miolos, calquera cousa lles vale. Se queren promover a festa do Pulpo non sería mellor levar o pulpo do Carballiño a Santiago e organizar unha dgustación co gallo do Xacobeo na Plaza da Quintana? Non teñen os amigos na Xunta? Pois a ver se se nota. Non é o tal Feijoo de Ourense? Pois iso, como si non o fora, entre el e o clan dos Baltares van acabar co pouco que temos na Provincia

Sería máis lóxico que lle

Sería máis lóxico que lle adicaran a festa do pulpo a Haití e Chile coa condición de que os que monten os postos na festa lle donen parte da súa recadación a estes dous paises como medida solidaria con eles

Si claro, sigamos

Si claro, sigamos preocupandonos por Chile e Haití e non vexamos todas as persoas que temos necesitadas no noso pais! Anda que! non sabe vostede que o marxe de todaslas colectas que se teñen organizado para axudar a eses paises, o resto das axudas saen do peto de todos nós???? Sexamos solidarios si, pero non parbos. E dende logo axudemos primeiro os que temos ao noso carón que boa falla lles fae a moitos.

Pareceme xenial a idea e non

Pareceme xenial a idea e non porque simpatice coas ideas dos populares, senon porque é unha forma de atraer a máis xente neste año santo. A ver se o Señor Montes o acepta, aínda que será cuestión difícil a resolver.

poucas axcusas pode poñer o

poucas axcusas pode poñer o alcalde se non acepta esta proposta. Pero seguro que as está inventando para non acetala. O de sempre.

Vese que os da gaivota queren

Vese que os da gaivota queren recuperar os seus mellores tempos das comilonas organizadas polo do trombón e o Fraga no monte do faro. Estes só pensan na comida esa é a sua mellor idea, pobres, deberon pasar moita fame de pequenos e por outra SEÑORES DO PP DEIXEN DE UTILIZAR O CRISTIANISMO VOSTEDES REPRESENTAN A AQUELES COS QUE NON QUERÍA SABER NADA XESÚS DE NAZARET VOSTEDES ESTÁN NAS ANTÍPODAS DO CRISTIANISMO E DO EVANXELIO.

E mellor estar calado e non

E mellor estar calado e non escribir certas tonterías que non veñen a conto. Que terá que ver esa burda burla coa proposta do PP?

as mentes previligiadas do PP

as mentes previligiadas do PP pensan que todos son iguales, unhos lumbreras.

Ao mellor os que pensan que

Ao mellor os que pensan que son uns lumbreras son aqueles que escriben certos comentarios sin defender unha opinión, polo mero feito de non ter nin motivación nin dende logo tampouco ideas propias. Que fácil é criticar cando o cerebro brilla pola súa ausencia.

El Paco concejal de Festejos

El Paco concejal de Festejos esta por la labor, porque le interesa pillar el Recinto el dia de la Fiesta, o que te piensas?

Estes do PP xa non saben como

Estes do PP xa non saben como dar no bonbo, que fervorosos , disque o Patrón Santiago "se sentira honrado".... ¿quedaranlle moas o Apostolo?.....

xa son horas que se poñan as

xa son horas que se poñan as pilas estes do concello en canto a organizacion da Festa do pulpo. A iniciativa dos do PP pareceme moi oportuna, oura cousa, coma de costume, é que o alcalde, o dacal e o paco esten pola labor.