O Partido Popular quere que a Consellería do Medio Rural promova un proxecto piloto para a recuperación de terras productivas na parcelaria de Santa Uxía de Lobás

22, Xaneiro 2020

Os populares farán esta proposta por medio dunha moción ante o pleno da corporación municipal e para que sexa o concello do Carballiño que traslade esta petición ante a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Recorda o grupo popular como ésta de Santa Uxía de Lobás é a única concentración de terras que se levou a cabo dentro do municipio carballíñés, e tras rematarse a mesma en 2011, o certo é que a maior parte da superficie -son 266 hectáreas- permanecen improductivas, fracasando algúnhos dos intentos que se levaron a cabo para favorecer o seu aproveitamento por parte dos propietarios.

Agora, manifesta o Partido Popular, dánse as circustancias para que as terras de Lobás poidan recuperar a súa capacidade productiva, xa que a Consellería do Medio Rural está a piques de aprobar a Lei de recuperación de terras productivas, que xa está ultimada "e o propio conselleiro ten dito que se procurará a realización de proxectos piloto para desenvolver a lei, que virá acompañada de importantes investimentos para os sectores agrario, gandeiro e forestal, que procurará dar un empurrón para que o solo rural pase de ser improductivo a xerador de riqueza".