O popular Manuel "Lito" Cerdeira conserva a alcaldía do Irixo en minoría. Xuntos e PSOE quédanse na oposición.

17, Xuño 2023

O candidato do Partido Popular  conserva a alcaldia do Irixo, non alcanzou maioria absoluta na votación da sesión constitutiva da nova corporación, pero foi investido como alcalde do Irixo ao ser o máis votado nas eleccións do 28-M.

Cada grupo votou ao seu candidato. Manuel " Lito" Cerdeira obtivo os 4 votos do Partido Popular, Susana Iglesias os 3 votos de "Xuntos" e Iago Fariñas os 2 votos do PSdeG-PSOE. Os dous grupos que se quedan na oposición escenificaron non últimos dias as súas diferencias para chegar a un pacto de goberno alternativo ao do candidato popular nesta sesión de investidura.

Nas súas primeiras palabras tras ser reelixido como alcalde, Manuel Cerdeira ofreceu diálogo aos grupos da oposición, nunha situación que é inédita no concello do Irixo nos últimos 30 anos, xa que por vez primeira un alcalde estará en minoria no pleno do concello e veráse abocado a buscar apoios para garantir a gobernabilidade do concello.