O Porriño abusa sin piedade dos rapaces do Arenteiro (0-8)

11 Apr 2010
Nin estaba no guión gañar o Arousa, como aconteceu o pasado mércores, e tampouco caer goleado por oito goles de diferencia ante o Porriño Industrial. É que por moita e lóxica diferencia que haxa entre ún dos equipos punteiros da preferente e outro que atá fai dúas semanas xogaba en 2ª autonómica, a fin de contas encaixar oito goles son moitos goles. Todo comezou a torcerse nos primeiros lances do partido cando o Arenteiro perdia a Alex, unha das referencias desde "baby Arenteiro", que tiña que abandoar o terreo de xogo lesionado. E tamén nada maís comezar o partido xa se puxo de manifesto a enorme diferencia que no aspecto físico existía entre os dous equipos, unha diferencia que se ía facendo maís evidente conforme ía avanzando o partido, cun Arenteiro que rematou o partido morto físicamente. Acaso seguramente pasase factura xogar tres partidos de competición en sete dias. A outra explicación a tan abultado resultado atopamóla no comportamento timorato da defensa e o porteiro locais, que non tiveron a súa tarde. Ante este panorama, o Porriño aprobeitou a ocasión para deixar un resultado para a historia en Espiñedo, un 0-8, que non se recorda en competíción oficial. Ó descanso xa gañaban 0-3, na segunda parte caeron outros cinco. Agora toca repoñerse e mirar cara adiante.

Comentarios

Que desastre miña naiciña

Que desastre miña naiciña querida, que desastre,...pois nada suma e segue cambian os xogadores e despois dun inicio prometedor seguimos coa tónica de antes ou sexa a perder o ascenso e seguir sumando derrotas. ¡¡Que dimita a directiva rediola!!!.

por si a xestion deportiva e

por si a xestion deportiva e economica non fora suficientemente mala, agora resulta que tamén estamos a distorsionar unha competición. Como se pode acabar con todo un plantel???? Que se fixo para solucionar este embrollo antes de chegar a ese punto???? E como non se asegurou esta Directiva de saber si se podía competir o resto do campeonato con outros xogadores? Non houbo ninguén que se informara si podiamos estar a incumplir as normas en relación a emisión de fichas????? Pero quen lle entregou o clube a esta xente?????? Resposta: Dacal

sr Deescordinador de C.D.

sr Deescordinador de C.D. Arenteio Adolfo Nogueria BASTA XA DE TANTAS PROMESAS INCUMPRIDAS, DE TANTOS ENGANOS, DE TANTOS PROXECTOS "DESILUSIONANTES", DE TANTA DESCOORDINACIÓN, DE TANTO CONTO, mira xa non te cree nin a tua propia sombra, os socios, aficionados, simpatizantes, veciños do Carballiño estamos FARTOS, se che queda algo de dignidade (eu o dudo) MARCHATE PARA A CASA E DE PASO PODES LEVAR A CASE TODOS OS DA TUA DIRECTIVA.

bos dias.queria espoñer a

bos dias.queria espoñer a miña pinion sobre o arenteiro.especialmente gustariame k o sr lolo carril a lese: O Arenteiro esta metendose nun lio que considero que vai deixar o equipo tocado pa moitos anos,explicome: De todos e sabido que o arousa reclamou pro alineacion indevida,xa que o arenteiro leva subindo xogadores de mais de 23 anos o 1º equipo dende fai mais de 1 ano(exemplo sampaio),cousa que tivo que chegar o arousa pa descubrirse.pero poñase no caso que a dia de hoxe o arenteiro seguira con 1º plantel e todo normal e estivese en ascenso,so teria que reclamnar alguen para que tantos miles e miles de € non servisesn para nada.CREO QUE SE ESTAN RINDO DE NOS,non podemos aceptar unha directiva que non coñece o reglamento,e o sr adolfo so sabe falar ,se non e de futbol e da asocianion de comercienates. Outra infraccion e a que se esta a cometer co tema do entrenador ,xa que se a miñas fontes non me engañan,o sr marquitps segue oficialmente sendo entrenador do cd arenteiro,e o adestrador non e como os xogadores non se pode votar de aki asi como asi,xa que este si ten contrato federativo,e mais e un dos poucos de ourense que ten carnet de entrenador nacional,digo eu que tan malo non seria,bueno o que iba que esta moi ben alagar o arenteiro b e os rapaces merecen estes algos pero moito coidado con sentar o sr mido no banquillo AVISO CREO QUE TRAERA PROBLEMAS E RECALAMCIONS.e senon tempo o tempo. no deportivo pasamos de alagar o arenteiro b a agora pasar de eles.xfavor aclararse.

directiva dimisión xa,

directiva dimisión xa, incompetentes. AUPA ARENTEIRO.

Hai que ser "atontolinao".

Hai que ser "atontolinao". pero que terá que ver a directiva con que o equipo perda o partido? que pouco lle queres o Arenteiro, ou que moito lle queres o anterior equipo de xogadores a soldo.