O PP de Boborás propón que se rebaixen os salarios a políticos e funcionarios e se retire o plus dos altos cargos, entre outras medidas, para enfrontarse á crise

11 Feb 2010
Cipriano Caamaño, Alcalde de Boborás
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Boborás, que lidera o Alcalde Cipriano Caamaño, presentará no vindeiro  Pleno ordinario que celebre a Corporación, unha moción na que propón un debate que pretende trasladar á vida pública e política, con distintas propostas de aforro e contención do gasto público para facer fronte á crise. Na moción, o Partido Popular de Boborás expón que "sendo conscientes da grave fractura existente entre a clase política, moi ben remunerada, e  a meirande parte da sociedade con dificultades para chegar a fin de mes, propoñemos o estudio e debate dunha série de medidas de aforro e austeridade no gasto". Entre esas medidas, estarían a retirada inmediata dos plus dos altos cargos das distintas administracións, a reducción á metade dos case 700 asesores que tén o goberno central, a disminución nun 5% dos salarios de todos os funcionarios e traballadores das empresas públicas, e dun 20% nos salarios do persoal de libre designación e dos cargos eléctos, Deputados, Senadores, Parlamentarios Autonómicos, Provinciais, Alcaldes e Concelleiros, quedando excluidos desta medida aqueles funcionarios, persoal e cargos electos mileuristas. Outras medidas que se propoñen, son a diminución dos privilexios dos altos cargos políticos, que con 7 anos no posto, teñen dereito á pensión máxima a efectos de xubilación, asi como a reducción á metade dos subvencións públicas ós partidos políticos e sindicatos. Finalmente, tamén se propón a adopción de medidas axeitadas para combater o fraude fiscal e as bolsas de diñeiro negro, un tratamento fiscal adecuado e fluidez no crédito a pequenas e medianas empresas, e un acordo urxente e consensuado para a reforma do mercado de traballo. As medidas expostas, aclara o grupo municipal de goberno do Concello de Boborás, "só pretenden xerar un debate entre a clase política para solucionar os gravísimos problemas que asolan ó País".  E subliña que con ese diñeiro podería "paliarse a situación dos sectores da  sociedade maís salvaxemente golpeados pola crise, esto é, parados, mozos, xublidados e dependentes".

Comentarios

Poucos políticos son tan

Poucos políticos son tan honrados coma ti, eu so coñezo a un, ó alcalde de Boborás. Si seguiran o teu exemplo, todo iría moito mellor. Sintome orgullosa de que o meu pobo tiña un alcalde que demostra ser unha gran persoa. Collede exemplo de este home!

Xa superamos os 200

Xa superamos os 200 comentarios. Que contentos estaran os da Cope do Carballiño por que abofé que ningunha noticia chegou a tanto. Agora só falta que xan rife entre os comenristas da cope que escribimos nesta noticia un xamón, un par de lacóns, uns chourizos, uns grelos de Astureses, unhas troitas de Cartelle, uns pementos de Cameixa, un saco de de patacas de Xendive, un par de capóns de Moldes, un par de botellas de auga dos mananciais de auga termal de Brués e varias botellas (ou garrafas) de viño de Pazos de Arenteiro e que o Cipriano faga de man inocente sacando os números dos boletos das rifas...¡¡¡ah!!! e que aporte ó sorteo unha receita de bicarbonato non vaia ser que quen gañe o sorteo se vaia indixestar ó degustar os productos do sorteo.

O bicarbonato que é do bó ou

O bicarbonato que é do bó ou do malo , todo depende da acidez estomacal que teña o afortunado da canasta de nadal

A ver se con esta proposta e

A ver se con esta proposta e con todo o que está sair a luz das dietas fraudulentas que están a cobrar os parlamentarios. A xestión dos cartos públicos empeza a mellorar, porque ca crise que temos (e que vai seguir ahí durante bastante tempo) tiñan que mirar máis polos cidadáns. Moi ben Cipriano por dar exemplo unha vez máis!

Ia comentarlle algo o

Ia comentarlle algo o Sr.alclde de Boborás,pero nin me atrevo, mellor non falo nada,e menos despoís do que aconteceo no último pleno,será mellor deixar que faga o que queira,non sexa que me "expulse" do concello de Boborás. Voulle contar un conto: Nun país moi lonxano vivía un rei que a onde ia vía que toda a xente camiñaba de cabeza para abaixo,e chamáballes tontos.Un día deuse de morros e deuse de conta que o que andaba o revés era él.

Enton , a copenauta ésta ,

Enton , a copenauta ésta , está de acordo ca nefasta xestion actual que da crisis fixo o goberno Zapatero. Miña xoia , coido que o que anda o reves eres ti , ou é ¿ que lle debes algo os do psoe?

Andar ó revés e non chupar da

Andar ó revés e non chupar da política, non cobrar de mais, non mentir,...? Ata tes razón, este alcalde anda ó revés. Por iso eu o quero, porque non me minte, non me rouba, non me engaña. Que tódos empecemos a andar do revés, porque camiñando o dereito as cousas van moi mal.

Os Alcaldes non expulsan, fan

Os Alcaldes non expulsan, fan advertencias cando están a ser interrumpidos, e o tercer aviso a persoa en cuestión ten que abandoar a sesión plenaria. Non quitemos as cousas de contesto.

Entón camiña o revés él, eu e

Entón camiña o revés él, eu e unha amplia maioría dos votantes que lle dan o seu apoio cada catro anos.

Sr.alcalde de Boborás

Sr.alcalde de Boborás escoitei e lín que os seus doentes recétalles Ciprianil,pero creo que vostede toma Descalificacionil e Insultosán,penso que debería tomar Humildadetús(vai moi ben en casos non terminales,o seu e mais difícil),tamén Respetozol(este en grandes doses)Só e un consello,xa que o médico e vostede.A os concelleiros do BNG decirlles que,xa que"están enfermos"o mellor que poden facer e tomar moito Humoril e unha boa dose de paciencianitol,case sempre funciona...Seriedade Sr.alcalde e menos vurlas....

Non estaría nada mal que o

Non estaría nada mal que o Doctor te recetera Ortograpianil, o digo polo de "vurlas".

Para burlas ou vurlas xa

Para burlas ou vurlas xa abondou co dos orgasmos tétricos y terroríficos e das tormentas ovarícas.

O que fai este comentario

O que fai este comentario desprestixiase el soliño , pero eu recomendolle si DON CIPRIANO ten a ben atendelo que o faga pronto porque vaime parecer que a Sr. farmaceutica ten un negocion con vostede , porque si que lle fai falta unha chea de psicotropos

Bueno... o que hai que ver...

Bueno... o que hai que ver... só quero engadir un comentario a esta persoa que polo visto cre que opinar sobre un tema cunha dose ironía é un desprestixio... para empezar considero que o comentario da discordia é unha opinión que moitos compartimos (e dende logo non creo que nos desprestixie) e que por tanto OLE por isa persoa que di o que moita xente pensamos. Por outra banda tamén quero engadir que se tanto esta persoa fala de desprestixio non sei que está a facer porque dende logo atacar a unha persoa cun sarcasmo barato non me parece un acto para estar orgulloso... pero bueno... o tempo porá as cousas non seu sitio e tamén ás persoas... Por último decirlle ó "Sr." Cipriano que trate á oposición con respeto e se deixe de tanta prepotencia porque, para comezar, a súa labor consiste en atender todas a alegacións dos veciños de Boborás, sexan ou non do seu agrado, e, polo tanto, tamén escoitar a opinión da oposición porque creo que a etapa dictatorial xa a superamos fai bastante tempo... MÁIS HUMILDADE E E RESPECTO POR FAVOR!!!!

Por suposto que a etapa

Por suposto que a etapa dictatorial a deixamos atrás fai moito tempo, por eso acudimos as urnas ano tras ano a dar o noso voto libre. Polo menos eu o fago e voto a Don Cipriano porque creo nel como persoa e como político. E somos moitos os que pensamos da misma manera.

¡¡¡¡Moi ben dito si

¡¡¡¡Moi ben dito si señor!!!!...Cipriano faga o favor nas súas declaracións de ser menos sarcárstico e de faltarlle ó respeto á oposición.

Aquí o único que insulta

Aquí o único que insulta eres tu ALBERTO, xa che reconocin varias veces , que consten que eu non son CIPRIANO, e vonte decir algo , si non coñeces o xogo democratico e solo sabes decir verdaderas tonterias como as que ests dicindo , e mellor que te vallas para casa , porque a verdade das vergonza e referente a Sra marylo entendo que que as pastilliñas de humildade deberias facer como boticaria que é ,(H.S.A.) e de paso darchas a ti tamen, Seriedad señores da oposicion , nunca tuvemos en Boboras unha oposicion tan violenta e que non sabe estar .

¡Esto xa é o colmo!!!! ¿Xogo

¡Esto xa é o colmo!!!! ¿Xogo democrático? ¿Oposición violenta? ¿Falta de saber estar? O que hai que ver e oír... Non sei se es ou non Cipriano (eu dende logo non o vou facer suposicións a diferencia deste individuo/a) pero dende logo o que si quero confirmar é que cada día os "pepeístas" sorpréndenme máis (e non precisamente para ben)... podo consentir que se den eses aires de supremacía e prepotencia que se dán, podo comprender que o poder se lles suba a cabeza despois de tantos anos ó cargo da alcaldía de Boborás, nos que, dende a miña humilde opinión, a maioría da xente vota coa man no bosillo máis que coa cabeza, podo calarme e tragarme as artimañas das que teño constancia para gañar votos, pero o que xa non podo aguantar é que esta persoa trate á oposición con ese despotismo e con eses aires de superioridade. O outro día escoitei na radio un fragmento do último pleno deste concello e pareceume indignante como o Sr. Cipriano tratou ós concelleiros do PSOE e do BNG e especialmente como tratou ó concelleiro nacionalista Manuel González, ó que, ademais de negarlle a palabra e incluso dicir textualmente que o escoitaría se lle daba a gaña, o tratou dun modo totalmente irrespetuoso e prepotente e incluso se mofou del co seu típico sarcasmo barato cando o entrevistaron nese mesmo programa. Non sei cales foron os motivos deste concelleiro para abandoar o salón de plenos nin tampouco me interesan porque, en todo caso, é algo que terá que aclarar o propio concelleiro pero dende logo eu tamén me marcharía tendo como presidente desta unha persoa tan maleducada e tan soez que nin sequera é capaz de escoitar as distintas opinións dos que coma el forman a autoridade que nós mesmos eleximos para que nos representasen... Non son unha persoa que a priori me sinta identificada por unha ou outra liña política, non obstante, neste concello basta con coñecer ás persoas para ver quen merece ou non a pena tanto persoal como politicamente e creo que neste tipo de altercados se confirman todas as miñas suposicións. Quero mandarlle todo o meu apoio á oposición do meu concello e pedirlle que sigan loitando contra a dictadura que parece que Cipriano quere instaurar en Boborás e ó noso "gran" alcalde decirlle ante todo que aprenda un chisco de EDUCACIÓN e de MODAIS, de RESPECTO e sobre todo de HUMILDADE, que parece que ultimamente lle escasean máis do que xa nos ten acostumados normalmente... P.D.: Conste que eu non son ninguén da oposición por se non quedou claro. Só son un veciño máis que quero dar a miña humilde opinión e que o último que quero e crear máis polémica ou máis suposicións sobre quen opina e quen non.

Na miña vida tengo acudido a

Na miña vida tengo acudido a moitos plenos, sobre todo en Ourense, onde vivín varios anos e como vexo que non sabes como funciona, voucho explicar. O Alcalde dalle o turno de preguntas á oposición, ésta as fai, o Alcalde as respode e se acabou, non hai máis. A oposición non pode volver o tema, que non hai lugar a réplica, pásase a outra cousa. Non lle nega a palabra, senón que non ten DEREITO a usala, é moi distinto. Pregunta da oposición, Resposta do Alcalde, Cambio de tema. Entón podes ter a túa opinión sobre o Alcalde respeto a modais, pero non fales de dictadura porque esas son as leis da DEMOCRACIA. E él as respetou en todo momento, non se pode decir o mesmo da oposición, quen preside o pleno e manda é o Alcalde, nos guste ou non. E hai que aceptar as reglas do xogo. O concelleiro nacionalista Manuel González non tiña o uso da palabra e non podía volver a un tema xa exposto por él.

Moi ben dito! Pois así é como

Moi ben dito! Pois así é como funcionan os plenos, entendo que a xente que non está na política poda non sabelo, pero a oposición sabe perfectamente como funciona, e si non o sabe mal andamos. É máis, o Alcalde nin ten porque facilitarlle que faga outra pregunta distinta cando o seu turno de preguntas rematou. Esto no é unha tertulia nin un debate da tele, é un pleno.

Vamos a ver Cipriano, que eu

Vamos a ver Cipriano, que eu non son o Alberto. Como cho teno que dicir. Sen embargo todos sabemos que ti es o cipri. Eu son un conecido do Alberto, e teno que dicirche Cipri, que el bastante mellor ca ti. Polo menos moito mais educado. Deixa de mandar tantos mensaxes que te reconocemos!!!! moito aprendeches a andar en Internet, e parecía que nin sabias encender un ordenador. Todos sabemos que moi listo non es. Estas feito un forista(aficionado os foros). Tes que recurrir a todo. Que pena das!

E dalle co sexo, primeiro lle

E dalle co sexo, primeiro lle din ó Alberto que ten orgasmos tétricos e terroríficos e tormentas ováricas e agora que se cambie de sexo. Dende logo xa hai que ser ben baixos para empregar descalificacións sexistas cando non se teñen argumentos.

Para listo o Alberto. Ese sí

Para listo o Alberto. Ese sí que é un listo!!!!!!!

Entre outras moitas cousas

Entre outras moitas cousas tiña que cambiar o sexo para ser él. Pero, bueno, o pensamento é libre. Por certo coñezo os dous, e vaia se hai diferencia!!!! Canto tiña que aprender o portavoz do PSOE!!! E eu mano os menxases que me parecen, e polo visto andas moi descamiñado nas túas pesquisas.

Alguén sabe se no Concello de

Alguén sabe se no Concello de Boborás o persoal sacou unha oposición. Xa que eu non me dou conta de ver ningunha oposicion na Bop

Creo que si, pero chama o

Creo que si, pero chama o Concello e pregunta.

Confirmoche eu . En Boboras

Confirmoche eu . En Boboras solo hai un secretario que é funcionario , e dous traballadores mais (que non son funcionarios)

Andas moi desorientado amigo

Andas moi desorientado amigo , enterate primeiro onde hai que enterarse e logos si podes falas

O que vexo en todas as

O que vexo en todas as críticas que hai e que en case ningunha falan da proposta que sacou o Alcalde, critícanno a él, pero non a proposta, entón se non sabemos quen sacou esta proposta, se no nos din que foi o Alcalde estou seguro que a todos nos parecía boa idea estas medidas. Porque non entendería que alguén estivera en contra de regular o despilfarro de cartos públicos, que son cartos de todos nos.

Creo que escoitri ou leín

Creo que escoitri ou leín nalgún medio que o alcalde de Boboras tiña un asesor a soldo do concello, ¿alguén do pobo pode confirmar si eso é certo?. Saúdos.

ALguen sabe decirme onde

ALguen sabe decirme onde traballa a irman do voceiro de PSOE de Boboras.

O Concello de Boborás sabe de

O Concello de Boborás sabe de austeridade, porque non fai moito que saliu nos medios que era o que menos gasto en persoal tiña. E que so conta con 2 funcionarios e un asesor para facer un traballo no que se necesitarían en tre 5 e 7 persoas. Eso sí que é un política de rigor, seriedade e austeridade. Tiña que ampliar a plantilla e acúsanno de enchufismo. Jeje. Canto se fala por falar!

Eso dijo eu, canto se fala

Eso dijo eu, canto se fala por falar. Antes hai que perguntar e invetigar. Seguro que so dous funcionarios ? alguns queredes defender o indefendible. Hay que foderse !!!!

Home, pois si o Alcalde de

Home, pois si o Alcalde de Bóboras ten un asesor, menuda coherencia pedindolle ó goberno central que quite asesores. Por regla de tres simple tomando calquer indice como base ó número de asesores de Moncloa está máis que xustificado si se ten en conta o política de asesores no concello de Bóboras. E eso de que fan o traballo de 5 ou máis, pois que queres que che diga, creo que se cae a premisa por si sóa.

Pois claro que os enchufou o

Pois claro que os enchufou o Cipriano que meteu a dúas rapazas do PP a traballar no concello, unha é de Cameixa e estando eu no concello para facer unhas xestións oínlles como estaban planificando a pegada de carteles polas parroquias e pobos do concello durante unhas eleccións. Cipriano menos enchufe e deixa de faltarlle ó respeto á oposición. Cipriano dimisión!!!!! Chin pon..jajaja saliume verso sen querer querendo.

A cantos enchufou? A 2? Vaia!

A cantos enchufou? A 2? Vaia! Podendo enchufar a 7 vai e so enchufa a 2. Pois si que é raro este Alcalde. Vexo que non sigue o exemplo do Concello do Carballiño.

No Concello hai unha rapaza.

No Concello hai unha rapaza. Onde está a outra? Agachada? E que ten de malo planificar nada? O mello hasta o dixeron para que ti o escoitaras ou ibas a pegar carteis con elas? O mellor é iso. E Cipriano porqué vai ter de dimitir? Porque ti digas 4 mentiras. Jajaja. Espérate un aniño e sigue facendo a tua campaña particular para que non o voten, que o mellor con todas esas mentiras que contas, alguén te cree e conseguides que non gañe unha 6ª vez. Ou queres presentarte no seu lugar?

A rapaza anda por alí non sei

A rapaza anda por alí non sei se a teñen agochada no armario, no cuarto da señora da limpeza ou onde están os contadores da luz. Home eu vouche encantado a pegar os carteles con elas e de paso pintarlle un bigote e unha perilla á foto dos carteis do Cipriano. Ademais eu non conto mentiras que é pecado quen as conta son outros. Certamente é moi probable que o Cipriano gañe os seguintes comicios electorais polo que haberá que esperar 20 anos ou máis, sendo optimista, para que gañe a oposición no concello de Boborás así que polo momento conto o que sei. Tomo nota da túa recomendación e xa me presentarei tamén ás eleccións no seu lugar se me deixa pero logo despois de gañalas hei de pasarme a oposición. jajaja.

Lo que hai que leer a veces,

Lo que hai que leer a veces, que va a ganar y que este hombre estará 20 años o mas. Me voy a partir el culo un rato, espera................. ya me reí lo suficiente !!! Este hombre es alcalde poque es medico y la gente mayor en el rural pues ya se sabe....... el día que se jubile de médico, muerto el perro se acabó la rabia. Y si no tiempo

¿Seica o Cipriano é alcalde

¿Seica o Cipriano é alcalde "poque es medico"?. Sorprendido me deixas con semellante argumento de peso. Si señor.

Eu non quixen dicir que o

Eu non quixen dicir que o Cipriano fora gobernar 20 anos máis quen pode gobernar é o PP, por desgracia á xente maior do rural é moi tradicional e esta moi aferrada á dereita.

Ser tradicional non é

Ser tradicional non é ningunha desgracia. E tradicional tanto pode ser de dereitas como de esquerdas. Non ten que ver ca ideoloxía.

Desgracias hai varias, de

Desgracias hai varias, de todo tipo ideolóxico, nos distintos gobernos municipais, tipo "seudoesquerda" concello de Piñor, ou mesmo O Carballiño. Esto das esquerdas e as dereitas está un pouco desfasado, e na política municipal, moito maís.

El control del dinero público

El control del dinero público es una obligación democrática y es una verguenza el dinero que se va en viajes, suledos, etc de diputados,ministros,... Asi que en estos tiempos de crisis creo que es el mejor momento para poner fin a ese despilfarro. Muy bien Cipriano por poner este tema a debatir, a ver si toman ejemplo los demás políticos y las arcas empiezan a aumentar. Y que dejen a las personas de 67 años tranquilas, que al final ya se sabe quienes se van a jubilar a esa edad, desde luego que los que están en una oficina no.

Felicidades ó Alcalde por

Felicidades ó Alcalde por estas propostas para paliar á crise porque o que cobran algúns políticos e as dietas que teñen é unha auténtica animalada, así que sexa xustamente un político o que propoña estas medidas é algo que di moito de esta persoa. Ti segue así. E por certo a min as concejalas que van nas túas listas parécenme rapazas moi capaces e que fan moi ben o seu traballo e é xente moza que iso tamén é importante.

Aquí vemos un bo exemplo dun

Aquí vemos un bo exemplo dun Alcalde que se preocupa polos parados e polos pensionistas e respeto a algúns comentarios de que a onde vai Boborás a darlle exemplos de economía ó Goberno, eu digo e poque non? Si é un Concello que ten unha boa xestión e as boas ideas do Alcalde póden dar un exemplo ö Goberno Central. Que un lea as propostas e que mire que teñen de malo ou de negativo porque eu non lles vexo nada, todo o contrario.

Claro está que esta medida

Claro está que esta medida debería de ser sacada dende o Goberno Central e cun acordo de tódolos partidos, pero como a ninguén lle gusta rebaixarse o seu soldo nin poñerse en contra de tantos e tantos funcionarios que ten España (máis que Alemania co doble de habitantes éste último), pois seguen o seu e a ver si hai sorte e a crise cánsase de vernos e vaise para outra parte. A min páreceme moi ben que un Alcalde (sexa do pueblo que sexa ou do partido que sexa) saque este tema a debatir e propoña unhas medidas tan interesantes, (a economía sumerxida que temos neste País tamén deixa moitos miles de millóns o ano). O Sr. Cipriano ten o meu respeto por facer algo así, por ter a suficientemente valentía para tocar un tema tan delicado para a "clase privilexiada" de este País. Parabens Cipriano!!

E logo pa ti o Cipri non e

E logo pa ti o Cipri non e clase privilegiada. Medico e alcalde, pobriño. Xa nos gustaría a moitos ganar como el gana. Veña home ! Alguns non pensades o que dicides !! Cipriano ou unha cousa ou outra. Mellor dedicate a medicina que como alcalde non vales un can.

O comentario o que respondes

O comentario o que respondes non di que Cipriano non pertenza a unha clase privilexiada, senón que ataca a esa clase, aun no caso de que él pertenza, que polo que eu vexo aún ten máis mérito. E un médico supoño que gaña moi ben, pero a facultade de medicina non pecha as portas a ninguén.

Buena propuesta y más cuando

Buena propuesta y más cuando viene de un político.El resto sobra. Me quito el sombrero ante este señor sin conocerlo de nada.