O PP engraxa a súa maquinaria electoral nas comarcas do Carballiño-Ribeiro: Luis Menor pide“pouca confianza e moito traballo para impedir que as chantaxes e coaccións desguacen Galicia"

12, Xaneiro 2024

O líder do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, retomou esta tarde a rolda de reunións comarcais que iniciou a finais de novembro pasado, no marco dun novo sistema de coordinación que ten por finalidade mobilizar o partido por todo o territorio, ademais de coñecer de modo directo as necesidades da cidadanía a través dos representantes locais populares.

Ao redor de 200 persoas acudiron ás dúas cita programas para esta tarde: a reunión comarcal do Ribeiro, celebrada no Novocine de Leiro, e a convocatoria do Carballiño que tivo lugar na casa da Cultura. Procedeuse a nomear aos coordinadores en ambas comarcas. No Ribeiro serán César Fernández e Rodrigo Aparicio. Polo que respecta a Carballiño, as persoas designadas son o portavoz na vila do Arenteiro, Lino González, e o alcalde de Piñor, José Luis González.

En ambas reunións, Luis Menor explicou que o novo modelo de traballo na provincia ten por obxectivo fixar cauces para unha máis eficiente coordinación, pero sobre todo para “escoitar e abordar os asuntos comarcais que vos preocupan”. O presidente popular reclamou aos representantes locais “pouca confianza e moito traballo” ante o proceso electoral das autonómicas. “Esta é a única receta que coñezo para conseguir a victoria e impedir que as chantaxes e coaccións partidistas desguacen Galicia, como está a facer Sánchez con España”. “Non temos nada ganado”, remarcou Menor, que comparou as eleccións galegas co traballo que se realiza nos comicios locais, “petando en todas as portas, falando un por un con todos e cada un dos vecinos e explicando o proxecto que nos propón Alfonso Rueda: as certezas que necesitan as galegas e os galegos fronte a extorsións”.

ÓRGANO PERMANENTE

Estes novos órganos comarcais, que están a ter unha moi positiva acollida, están composto polas alcaldesas, alcaldes, portavoces, concelleiros, presidentes de agrupacións locais, cargos institucionais e de goberno no caso de pertencer a unha determianda comarca e mesmo persoas invitadas pola dirección provincial. A súa periodicidade será semestral, con alo menos dúas convocatorias ao ano aínda que tamén podernase celebrar sempre que sexa preciso.