O Presidente da Xunta felicita a CD Arenteiro polos éxitos deste ano que o sitúan "entre os grandes equipos de Galicia". Escoita aquí a intervención de Rueda no Pazo de Raxoi.

2, Maio 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou o Club Deportivo Arenteiro polo seu ascenso á primeira RFEF, terceira categoría nacional, tras unha “excepcional tempada”. O titular do Goberno galego, acompañado polo vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; e polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, deulle os parabéns por este logro ao equipo do Carballiño ao que recibiu no Pazo de Raxoi.

“Trouxestes para Galicia unha vitoria moi importante”, puxo en valor Rueda con respecto á Copa da Federación que o club acadou en novembro, un éxito que agora se ve acrecentado polo seu ascenso á primeira RFEF e que supón, segundo salientou o mandatario galego, “saír a xogar co nome de Galicia por toda España”.

“Galicia é un grande equipo porque se compón doutros grandes equipos que entre todos facedes esta terra”, enxalzou. Rueda quixo, ademais, transmitirlle ao equipo os seus bos desexos para esta nova tempada na que se amosou convencido de que o Arenteiro vai ser “un dos grandes equipos de Galicia”, á vez que lle trasladou o apoio do Goberno galego. “Intentaremos botar unha man, por nós non vai quedar”, garantiulles durante a recepción. 

Escoita no seguinte enlace a intervención do presidente da Xunta no Pazo de Raxoi: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/79698/rueda-felicita-arente...