O proxecto de creación de solo industrial supramunicipal nos concellos de Maside e O Carballiño necesitará a expropiación de terreos a 256 propietarios, nunha superficie de 90 hectáreas

19, Novembro 2020

Os alcaldes de Maside e O Carballiño asinaron esta mañá o convenio de colaboración coa entidade "Suelo Empresarial del Atlántico" coa finalidade de promover a creación dunha área industrial de 90 hectáreas de superficie, das que 70 están situadas no territorio municipal de Maside e 20 no concello do Carballiño, e en ambos casos para dar continuidade á actuál zona industrial do Carballiño.

O proxecto precisará dun procedemento de expropiación no que se verán afectados 256 propietarios con terreos nesta zona. No caso do Carballiño, a ampliación faise dende a actúal parque empresarial ata as inmediacións do lugar de Framia, na parroquia de Arcos, mentres que dentro do territorio de Maside a superficie a expropiar é a situada nas inmediacións do lugar de Agro de Quinta, incluido o monte veciñal en man común desta localidade pertecente á parroquia de Dacón. Os propietarios afectados son 196 no concello de Maside e 60 no do Carballiño

O convenio asinado hoxe deberá ser rectificado polas respectivas corporacións municipais dos concellos do Carballiño e Maside, nas sesións que están previstas a celebrar no transcurso da semana que ven.