O proxecto do parque intercomarcal de bombeiros será presentado esta semana

21 Mar 2010
Tras varios anos de retraso, por fin, parece que o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro, recibirá esta semana un impulso decisivo na reunión que celebrará o Consorcio creado para a xestión deste proxecto, e que servirá ademaís para a presentación do mesmo en público. Ó acto, que se desenvolverá probablemente -aínda está por confirmar- no Centro Comarcal do Carballiño, asistirán o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación Provincial José luis Baltar. Tamén se agarda a presencia dos Alcaldes das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto. O futuro parque intercomarcal de bombeiros profesionais ubicaráse en terreos cedidos polo Concello Carballiñés sitos na área industrial, onde se construirá o edificio central, que tamén será presentado neste acto, tras a reforma do proxecto, encargada polo Presidente do Consorcio, o Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez. En canto a equipamento, o parque contará con tres camións para actúar en incendios urbanos, destacando un vehículo dotado dunha escada de altura, apto para acceder atá un octavo piso. En canto a medios humanos, incicialmente, o proxecto contempla unha dotación de 12 bombeiros profesionais. No Consorcio cosntituído para xestionar este servizo, está representadas as tres administraccións públicas, a Xunta que aporta o 50% para a financiación do proxecto, a Deputación Provincial que achega o 30%, e finalmente os Concellos das dúas Comarcas, que completan o 20% restante.

Comentarios

Xa eran horas...¿E cando se

Xa eran horas...¿E cando se poña en marcha este parque de bombeiros que pasará cos GRUMIR de Protección civil, desapareceran ou se integraran no futuro parque de bombeiros?.

o grumir desaparece , e decir

o grumir desaparece , e decir para que-lle quede claro a todo o carballiño de 5 persoas por garda que hai agora para o concello pasa a haber 3 bombeiros para o carballiño e o ribeiro terian que operar ata melon,agora cada un que quite as suas conclusions de da efectividade da resposta de emerxencias que pode dar iste parque que con menos persoal se-lle triplican os km de accion