O PSdG denuncia atrasos no pago de nóminas ás traballadoras do servizo de axuda no fogar

12, Decembro 2014

Os socialisas califican como "inaturable" a situación que afecta ás traballadoras, xa que "a dia de hoxe" aínda non recibiron o seu salario,  manifestan tamén que "a excusa da empresa é que non se lles pode pagar a nómina porque aínda non coibraron o pago correspondente por parte do concello".

O contrato que mantiña o concello coa empresa GALAUREA venceu o pasado dia 5 deste mes de decembro, aínda que tal como manifestara o alcalde do Carballiño, a empresa está obrigada por contrato a seguir xestionando o servizo ata que se resolva unha próxima adxudicación por parte do concello.

Precisamente, ese é outro dos aspéctos que critican dendo o PSdG "unha vez máis nos atompamos cun novo incumprimento do señor Marnotes, e pasados xa uns cantos días, seguimos sen ter noticias da redacción do novo prego de condicións nin de que vai acontecer co servizo privatizado", subliñan.

Esixen ao goberno de Marnotes "que remate dunha vez con esta situación surrealista e dolorosa, que non nos obrigue a costear entre todos os seus pulsos xudiciais, que se rinda definitivamente á evidencia de que se equivocou de empresa, como xa se equivocou dende un inicio ao privatizar o servizo e resolva, como non adoita facer, rápido e eficientemente este tema e asuma a súa responsabilidade sobre o servizo municipal de dependencia".

"Non entendemos cales poden ser as razóns do alcalde e mais da Concelleira de Benestar para seguir prolongando no tempo esta agonía, supoñemos que as mesmas que os levaron a defender o indefendible durante un ano, a pesares das denuncias de traballadoras, sindicatos, PSdeG-PSOE e mesmo das sentencias xudiciais que evidenciaron o nefasto deste acordo", remarcan dende o grupo municipal socialista no concello do Carballiño.