O PSOE de Leiro considera un despilfarro unha nova modificación dos orzamentos municipais

1, Decembro 2010

O Grupo Municipal Socialista de Leiro considera “un despilfarro” a modificación dos orzamentos presentada hoxe polo Grupo de Goberno. Manifesta ademais o seu desacordo ante a celebración do pleno extraodinario, e polo que preguntou ao Alcalde, “xa que está próximo a celebrarse o pleno ordinario, polo que só pode deberse a non saber facer as cousas ben”. 

Os socialistas consideran excesivos, pouco especificados e non xustificados os aumentos propostos en diversas partidas dos orzamentos do Concello. O portavoz, Manuel Rodríguez Vázquez, preguntou no pleno a qué se refiren os 30.000 euros destinados para “proxectos complexos” e as razóns para aumentar a partida orzamentaria para dietas, que xa contaba cunha cifra de máis de 9.000 euros. “ “Nun concello como Leiro o alcalde propón un aumento de 3.000 euros para dietas, que sumados á cantidade consignada a estas alturas de ano, o total resultante é de 18.300 euros, que ben se podían investir noutra cousa”, afirma. Tamén preguntou a que corresponden as partidas de suministros de 3.221 euros e 9.221 euros. Rodríguez indica que “a terceira modificación do orzamento presentada hoxe é froito da falta de previsión e inoperancia orzamentaria do Grupo de Goberno”. Engade que a súa “acción de goberno a bandazos cambia segundo veña o vento”.

 

 Rodríguez indica que “a terceira modificación do orzamento presentada hoxe é froito da falta de previsión e inoperancia orzamentaria do Grupo de Goberno”. Engade que a súa “acción de goberno a bandazos cambia segundo veña o vento”. Por último, lamenta que “os cartos de todos os veciños de Leiro a través dos seus impostos sexan tan mal xestionados precisamente nun momento de crise como o actual”.