O PSOE local critica a ausencia de Feijoó e do portavoz do PP na Festa do Pulpo

11 Aug 2010

( Redacción. Rocio Campos) A Agrupación Local do PSOE felicita ó grupo do goberno municipal polo resultado acadado na derradeira edición da Festa do Pulpo e da celebración das Xociviga 2010. Ambos actos de gran repercusión gastronómica e cultural para o concello favoreceron tanto á hostelería como ó sector turístico. Nas derradeiras semanas as prazas hoteleiras do Carballiño e dos arredores quedáronse curtas, rexistrando unha ocupación do 100%. Pero o éxito acadado non sería posible, segundo o PSOE, sen a intensa laboura feita desde as diferentes áreas do concello, como a de Turismo, Cultura ou Comercio, que cunha organización á altura das circunstancias colaboraron na consecución dun record guinness para O Carballiño, o do plato de pulpo máis grande xamais visto. Na celebración de ambos eventos tamén cabe destacar, apunta o PSOE, a implicación dos departamentos de Medio Ambiente e Obras e Servizos Públicos, así como tamén da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e Forzas e Corpos de Seguridade. Pero os agradecementos por parte da agrupación local do PSOE, non so se limitan á colaboración cidadán, senón tamén á presenza de diferentes persoeiros que tras ser invitados polo concello carballiñés se derón cita o pasado día 8 na  XLVIII edición da Festa do Pulpo. Entre os presentes hai que destacar ós membros do goberno municipal de Oberhausen, cidade xa irmandada coa historia carballiñesa despois da repercusión do pulpo "Paul", así como tamén a presenza do actual ministro de Fomento José Blanco. Non é o caso da falta da representación do Goberno Galego, o presidente Alberto Núñez Feijoó, tamén invitado con suficiente antelación, e do líder da oposición municipal do Partido Popular carballiñés, Argimiro Marnotes. O Secretario Xeral da Agrupación Local do PSOE, Guillermo Fernández Dopazo quixo agradecer finalmente "o esforzo de todos os partícipes nestes eventos e felicitalos e animalos para que as vindeiras edicións tanto das Xociviga como da Festa do Pulpo sigan o camiño marcado neste ano".

Comentarios

Sí, o Presidente da Xunta

Sí, o Presidente da Xunta tiña que vir tamén á feira de abril, ao nomeamento do pulpo Paul como amigo predilecto, ao tema do Guinnes e a recibir ao Cónsul com se fora o primeiro ministro da república federal, vaia cachondeo. ¿De verdade alguien espera algo positivo desto para posicionar o pobo de cara ao futuro??. Pan para hoxe e fame para mañá.

¿É quen lle levou os ovos a

¿É quen lle levou os ovos a Santa Clara para que non chovera na Festa do polbo?...por que Montes non sería...Vamos digo eu.

A Festa do Pulpo é tan

A Festa do Pulpo é tan grande, tan grande é, que estos amigos do que firma este comunicado non foron capaces de acabar con ela, como fixeron có resto de activiades importantes que habia no Carballiño, incluidas as xociviga, que volveron ser outro fracaso, e xa van unhos cantos anos igual, e non vou ser eu quen non recoñeza o traballo e a ilusión que puxo Asunción Rivero, que me consta que foi asi, pero eso non quita ver o que todos puedemos ver, as xociviga xa non lle interesan practicamente a ningúen,son un despilfarro de diñeiro público de moi difícil xustificación.

Estou moi de acordo contigo,

Estou moi de acordo contigo, a festa do pulpo sigue sendo a festa que é, a pesar da mediocre xestión na súa organización, pura rutina nos últimos 15 anos, sen a máis mínima capacidade de innovación por parte do Concello. O que si ten coña é que estos do Psoe non parecen do Carballiño, porque senón deberían saber que as prazas hoteleiras do Carballiño sempre se completancada ano nos dias das festas do pulpo, e no que sí debian reparar é no feito de que no pasado mes de xullo a ocupación hoteleira no Carballiño non chegou o 20 por cento, seguramente a máis baixa das últimas décadas, e copñezo os datos de primeira man, sei do que falo. En canto as xociviga, completamente desapercibidas, sería intersante saber en canto nos saíu cada espectador, igual o dato era revelador...

agora queren tolear ou

agora queren tolear ou facernos parvos aos demáis. Estamos a tratar esta festa nos derradeiros anos pola importancia da asistencia de certas autoridades, e non polo pulo organizativo que ten que notarse logo de tantos anos facendo o mesmo. A única diferencia deste ano respeto doutros foi o pulpo Paul, e nesesensotoda a coorporación estivo á altura para aproveitar o tirón mediatico. Asxocivigas, nunca tantos cartos se notaron tan pouco. Esperemos que se poñan as contas a disposición dos veciños e veciñas. Tanto A Festa do Pulpo como as Xocivigas necesitan dunha organización permanente durante todo o ano. ALGUNHOS LEVAN PEDINDO ESTO MOITO TEMPO.

ola foron as primeiras

ola foron as primeiras xocivigas da actual conselleira e as ultimas do alcalde................................ ninguen pon en dubida a ilusion e gañas da conselleira................................................simplemente que hai que aprender das eivas e erros............. moita sorte

Imos ver e analizar o

Imos ver e analizar o cumunicado por partes: Absolutamente dacordo no gran impacto da Festa do Pulpo e a laboura desenvolvida dende o concello; tamen destacar-como non podia ser doutro xeito- a colaboraciòn do grupo de governo cas actividades programadas dende a Asociaciòn "Amigos do Pulpo Paul"; insisto as actividades foron organizadas dende un colectivo socio-cultural.......................; En canto a ausencia do Presidente da Xunta, ben è certo que non ten obriga ningunha de aistir; agora si seria un bo xesto por parte do governo autonomico que algun conselleiro fixese un esforzo e acudir a ista celebraciòn; o que è realmente cuestionable - e en iso estou dacordo co SR, Dopazo- e na ause ncia inxustificable de A.Marnotes- a dia de hoxe o unico candidato a presidir o concello a a partires do vindeiro 22 de maio.- O que si lle recomendo o señor G .Dopazo é que hai que ser serios en facer valoraciòns no tocante as Xociviga: cunha paupèrrima aistencia, ca desaparaciòn da conselleria responsable , evitando pronunciarse sobre o tema.....; sexamos serios: as Xornadas de Cine e Video en Galicia teñen que ser obxecto dunha profunda operaciòn e reestructuraciòn; ben è certo, que a xente deste pobo en canto a sùa participaciòn nas actividades culturales è bastante escasa; iso non e òbice para recoñecer as eivas organizativas e de difusiòn das Xornadas; e todo isto , a pesares de notarse a man de Miguel Anxo Fernàndez...................................................... Unhas xornadas con 28 anos de traxectoria e un orzamento de aprx. 55.000 euros non poden deixar nada o azar e ter unha estructura estable e firme............................................... Polo tanto Sr Dopazo , dacordo no tocante a Festa do Pulpo , pero nas Xociviga non nos deixemos levar polas siglas partidistas e cando temos que facer autocrìtica, fagàmola, que de seguro, os votantes socialistas e os cidadàns do Carballiño llo agradecerán.................................

¿asi que as xociviga foron un

¿asi que as xociviga foron un éxito? Na casa da cultura unha media de 8-9 espectadores, e no auditorio unha media de 30-40 espectadores, pos veña, ánimo... que este o camiño....

Certo é que tanto o

Certo é que tanto o representante local do Partido Popular tiña que haber feito acto de presencia, como tamén dende a Xunta poderían haber feito un esforzo. O que está claro que por uns motivos e por outros, sobre todo pola colaboración e iniciativas privadas, a festa do Pulpo deste ano, foi un éxito baixo o meu punto de vista alomenos. O pobo estivo e ainda está cheo de turistas e iso que dubida cabe, redunda nas arcas dos comercios e empresas, sobre todo hotelería e hostelería. Agora eu teño unha pregunta, a que seguramente os implicados non quererán responder, a canta xente convidou o Concello do Carballiño no recinto? Van facilitar esas contas? E que teño moita curiosidade, ademais de como veciño, dereito a saber cantos cartos do diñeiro público gastou o Concello en convidar .........

de acordo en todo un dato; na

de acordo en todo un dato; na feira do viño en Ribadavia en xullo foi o conselleiro de Medio Rural; goberno Ribadavia: psoe+bng