O Ribadumia tamén se aproveita do chollo de Espiñedo e derrota ó Arenteiro (1-3)

24 Jan 2010
Unha segunda parte tonta do Arenteiro deixou escapar outros tres puntos de Espiñedo, que está sendo un auténtico chollo para os equipos visitantes, desta foi o Ribadumia quen se impuxo con toda xustiza e foi merecedor incluso dunha victoria máis ampla, se temos en conta as ocasións creadas por unhos e outros no cómputo do partido. Con dúas partes diferenciadas, na primeira un discreto Arenteiro que a tres minutos do descanso lograba situarse por diante no marcador por medio de Nicol. O mesmo xogador tería a oportunidade de ampliar a ventaxa na derradeira xogada do primeiro periodo. Na reanudación, ós cinco minutos chegaría o gol do empate e desde entón o Ribadumia fíxose co partido, cun Arenteiro desaparecido do terreo de xogo e con clamorosos fallos defensivos, sen control e ningún tipo de reacción. Marquitos comezou a facer cámbeos e foi pior o remedio cá enfermidade, o Arenteiro volvíase máis torpe conforme pasaban os minutos e o Ribadumia, en xogadas a balón parado e o contrataque remataba a faena con dous novos goles. Quinta derrota do Arenteiro no que vai de liga en Espiñedo, o dito, un chollo este ano para os equipos visitantes. O próximo que pode aproveitarse da ganga é o Xuventude de Sanxenxo, o vindeiro domingo dia 31, xa que o Arenteiro volve xogar na casa.

Comentarios

Que en paz descanse o

Que en paz descanse o Arenteiro co ben que ía. En fin xa se be que a alegría dura pouco na casa do pobre.

A próxima semana vaise

A próxima semana vaise producir a destitución de MARKITOS, xa está todo preparado para a súa sustitución, seino de boa tinta, hai moitas discrepancias na directiva, pero o final a decision xa está tomada. O sustituto, nin idea, pero polo que me dixeron tamén está decidido. Xa era hora.

VAIA FONTES MACHO NIN JOSE

VAIA FONTES MACHO NIN JOSE MARIA GARCIA. SEGUN AS MESMAS FONTES O SUSTITUTO ESTA ENTRE HELENIO HERRERA, MIGUEL MUÑOZ OU O PALILLO. COIDADO QUE NO DERRADEIRO INTRE SE ENGADE A LISTA PELLEGRINI QUE SE NON GAÑA NA CORUÑA VAI A SER SUSTITUIDO NO REAL MADRID, ATENCION.........POLO PROPIO MARQUITOS. O MUNDO DO FUTBOL ESTAVOS BEN TOLO AMIGOS

pero o máis sorprendente de

pero o máis sorprendente de todo isto é que AQUÍ NINGUÉN DIMITE (directiva), NIN SE VAN (entrenador), NIN OS BOTAN (parte dos xogadores). Levamos así non sei cantas tempadas , sempre con escusas, sempre con enganos, pero os socios, aficionados e simpatizantes de C.D. Arenterio xa "non comulgamos con rodas de muiños" como "alguns" tratan de facernos creer. VERGOÑOSO.

Si a ver onde están toda esa

Si a ver onde están toda esa recua de optimistas da semana pasada, que dician que o Arenteiro iba estar arriba, que tiña media plantila de baixa...bla bla bla, somos un equipucho, de nomes pero non de homes, con iste equipo non vamos a subir nin de coña, un entrenador INCAPAZ, unhos xogadores que son unhos VAGOS, que so está enperando ó fin de mes para cobrar, e unha directiva que fai o que pode, pero que non é suficinte. Non que da outra que esperar outro ano, a non ser que nas próximas semanas traigan 3 ou 4 xogadores que tiren do equipo como deus manda...cousa a estas alturas improbable.

A ver cales son as escusas

A ver cales son as escusas que se poñen a derrota diste partido, (lesións, mala sorte, terreo de xogo en malas condicións, tiros o pao, falta de iluminación........., eu resumiría o visto hoxe en espiñedo con tres palabras PENOSO. Os xogadores pasan de todo (a mayoría deles) o entrenador xa tiña que estar fora fai moito tempo e a directiva o mellor que podía facer era IRSE PRA CASA. Esta tempada será outro FRACASO e ¿cantas levamos ? sres. directivos MARCHENSE XAAAAAAAAA.

Eu xa o levo dicindo hai

Eu xa o levo dicindo hai moito tempo que con iste equipo non imos a ningures, pero moitos infelices, porque gañan 2 partidos seguidos xa pensan que son o rei do mambo...o final cada un queda no seu sitio, e nos coma sempre...en PREFERENTE, e gracias