A ONCE dedica o cupón do dia 28 de xuño á Festa de Exaltación do Pan de Cea "para render homenaxe ás panadeiras e panadeiros deste concello"

24, Xuño 2023

A Festa do Pan de Cea é a protagonista do cupón da ONCE do mércores, 28 de xuño. Cinco millóns de cupóns difundirán este evento co que se rende homenaxe ás panadeiras e panadeiros do municipio.

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE en Galicia, José Luis Valladares Fernández, alcalde de San Cristovo de Cea, Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez, presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IGP) do Pan de Cea, e David Cejudo Maior, director da ONCE en Ourense, presentaron este cupón.

Desde o concello de San Cristovo de Cea fan un recoñecemento especial e manifestan o seu agradecemento aos irmáns José e Pablo Rodríguez Mïguez, ceéses por raíces paternas e traballadores da Organización Nacional de Ciegos de España -ONCE- como verdadeiros artífices desta iniciativa que comezou a fraguarse en xuño do ano 2022, que que puxeron todo o seu empeño para que se fixera realidade", remarcan.

O Cupón Diario da ONCE pon en xogo un premio de 500.000 euros ao número máis a serie, e 49 premios de 35.000 euros ás cinco cifras do número premiado. Ademais: 450 premios de 250 euros ás catro primeiras cifras e outros 450 premios ás catro últimas; 9.000 premios de 25 euros no caso de tres últimas ou tres primeiras; e o mesmo para as dúas primeiras e últimas (6 euros), e reintegro de 2 euros á primeira ou a última cifra do número premiado. Os cupóns da ONCE comercialízanse polos máis de 19.000 vendedores e vendedoras da Organización. Ademais, pódense adquirir desde www.juegosonce.esel cupón da ONCE difunde a Festa do Pan de Cea, en honra aos panadeiros do municipio(abrirase nova xanela), e en establecementos colaboradores autorizados.