Os casos de coronavirus no ámbito escolar redúcense a 12, en seis centros da comarca

23, Febreiro 2021

Os casos de Covid-19 tamén se reducen nos centros educativos da comarca carballiñesa a un total de 12 no informe facilitado pola Consellería de Educación correspondente a este martes dia 23 de Febreiro, antes das vacacións do entroido chegaron a sumar 29 casos.

O IES Chamoso Lamas rexistra 5 casos, con 3 figura o Colexio Terras de Maside, e con un único caso están a Escola Infantil Trastes, CPR Sagrado Corazón, CEIP Calvo Sotelo e CEIP do Irixo.