Os concellos polos que atravesa a N-541 constitúen unha fronte común para esixir a mellora da estrada

11, Xaneiro 2023

Os concellos asinantes deste documento bautizado como a "Declaración de Pedre", en referencia á localidade donde se rexistrou o tráxico accidente de autobús na pasada noiteboa- son os de Punxín, Maside, O Carballiño, Boborás, O Irixo, Beariz e Cerdedo-Cotobade, tan so faltou a esta reunión a alcaldesa de Forcarei, que tamén atravesa esta estrada N-541 e tamén estaba convocada, pero non asistíu.

A delcaración manifesta que "despois de moitos anos de servizo e de soportar un volume de tráfico inxente, a N-541 atópase nun nivel de conservación preocupante e necesita dunha intervención  integral que ademáis de renovar por completo a súa capa de rodadura, precisa de actualizar medidas de acceso seguro aos núcleos de poboación e dunha actuación en profundidade dende o punto de vista da mellora da seguridade vial".

Destacan, ademáis,  a importancia que ten este vial para os concellos que decorre, no caso das comarcas do Carballiño e Terra de Montes constitúe unha das súas principais arterias de comunicación, vertebrando boa parte deste territorio e dando servizo a unha poboación de máis de 218.000 habitantes, xa que serve de conexión de parte importante das rias baixas co interior de Galicia e a Meseta "polo que é unha canle de comunicación vital dendde todo punto de vista estratéxico".

En definitiva, nace unha fronte común de todos os concellos para demandar do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana -titular da via- unha actuación integral de mellora desta estrada N-541 Barbantes-Pontevedra, que ademáis atravesa numerosos núcleos de poboación, incluida a urbe do Carballiño.

Os concellos asinantes desta declaración pedirán unha reunión colexiada cos grupos políticos do Parlamento de Galicia, O Congreso dos Deputados e o Senado, para demandar o seu apoio a esta reivindicación.

Tamén acordaron manter xuntanzas periódicas para o seguimento das xestións e actuacións realizadas para conseguir a mellora da Nacional-541.