Os favores arbitrais facilitan a victoria do líder Choco en Espiñedo (0-5)

25 Apr 2010

Dous favores arbitrais e consecutivos abriron o camiño do triunfo para o líder da categoria no partido xogado esta tarde no campo de Espiñedo. Xa se consumía o primeiro cuarto da segunda parte e o Choco, atá ese momento, fora incapaz de superar ó Arenteiro, que se defendía con órden e criterio ante as acometidas en ataque do equipo redondelán. O primeiro gol dos visitantes chegaba tralo lanzamento dun córner e precidido de falta na área pequena ó porteiro local Pachi, que o árbitro non quixo ver. Practicamente na seguinte xogada, invéntase un penalti e ademáis deixa ó Arenteiro con 10 xogadores por expulsión do defensa Diego. O Choco tranforma a pena máxima e acabase o partido, descaradamente condicionado por dous erros arbitrais de bulto. Despois, viñeron os outros tres goles, cando o arenteiro xogaba con 9, xa que o árbitro aínda se encargaría de desequilibar aínda máis o partido expulsando ó local Juan, por doble amarela.

Comentarios

¿Desde o domingo non houbo

¿Desde o domingo non houbo deportes no Orcellón?

Igual houbo, pero como o

Igual houbo, pero como o Arenteiro dende a remodelación só sabe encaixar derrotas por goleadas se cadra xa nin iforman para evitar que o equipo caiga na máis aboluta vergonza. ¡¡¡Directiva dimisión!!.

alguén sabe se vai seguir

alguén sabe se vai seguir esta diretiva ou se vai a haber alguna nova??? haberá fichaxes?? voltarán os fugados???

¡¡Que dimitan os da directiva

¡¡Que dimitan os da directiva carallo!!!

Rogade a Deus en Caridade

Rogade a Deus en Caridade pola alma do F. C. Arenteiro que faleceu polos desacertos da xunta directiva incapaz de dar cun remedio para endereitar o equipo, pola facilidade do equipo "baby" de perder por goleada abultada e pola incapacidade do adestrador en manter o rumbo do equipo. Que en paz descanse. Amén, aimén, así sexa. Os socios e maila xunta directiva pregan a tódalas persoas piadosas, así como ás persoas de ben e orden do Carballiño e comarca que se teñen tempo e ganas acudan o velatorio que terá lugar no campo de Espiñedo onde se instalou a capela ardente e a misa de funeral que tera lugar no templo da Vera Cruz o vindeiro fin de semana onde se volverá a perder outro partido por goleada e a condución do cadáver ó cemiterio parroquial de Señorín onde será enterrado coa bendición católica, apostólica e romana da súa santidade, coa bendición hebera do rabino de turno, coa bendición musulmana do mulá de garda, coa bendición do predicador da igrexa evanxélica e coa bendición dos testigos de Jehová, coa bendición do líder dos mormóns, coa bendición do patriarca dos xitanos da Fontela e doutras confesións relixiosas.

falou o porteiro de discoteca

falou o porteiro de discoteca

Hai que rir ou chorar??.

Hai que rir ou chorar??. Sencillamente penoso...dedícate a Ravino

Meu home hai que chorar e

Meu home hai que chorar e moito por que o xogo do Arenteiro fai saltar ás bágoas e os que se estaran rindo son os rivais do noso clube ó ver como perde por goleadas de campionato. O que nos cómpre é moito é rezar Non que rezar para que o equipo millore e de paso facerlle un exorcismo polo rito católico, budista, protestante, xudeu, musulmán, evanxelista, dos testigos de Jehová, xitano ou todos eles xuntos para quitarlle ó gafe que ten. Por certo eu son rabino, que me fixen tal por un curso de correspondencia e se te queres comberter ó xudaísmo pódoche circuncidar e che fago membro da miña parroquia.

Eu creo que antes de andar

Eu creo que antes de andar con ravinadas, deberías ir a unha institución mental.

Por Abraham, Xacob, polos

Por Abraham, Xacob, polos tirabuzóns da miña barba rabínica e polas coletas do meu rabínico pelo ó Bisbal. Pero home, home así que por dicir catro paridas xa teño que ir a unha institución mental...¡¡¡Manda chover en Tel Aviv!!!...Pois fillo en verdade che digo que non me fai falla ir a unha institución mental, pois xa vou a un psiquiatra: o doutor Salomón Ben Ribeiron o cal che recomendo que vaias seguindo o exemplo dos norteamericanos e das xentes doutros países europeos que van ó psiquiatra non por estar tolos, se non cando teñen calquer problema coma quen vai o oculista a facerse unha revisión ou coma quen vai o dentista a mirar como lle están os dentes. Así xa sabes...anímate e vai a túa saúde e o teu sentido do humor cho agradeceran. Shalom irmán.

Si o teu sentido do humor é

Si o teu sentido do humor é coa túa fina ironía poñer máis leña ó lume...o Arenteiro o que necesita ahora mesmo é apoio da xente que realmente o quere, non burlas, para iso faite cronista da rexión que o mellor tes alí futuro...ata sempre ravino

Meu ben querido parroquiano

Meu ben querido parroquiano con respecto ó teu cumentario: "...para iso faite cronista da r que o mellor tes alí futuro" teñoche que dicir que non gracias, pois aínda hai categorías endexamais me rebaixaría a traballar para un asi, así que Deus en casa de todos e cada quen na súa. Certamente ó Arenteiro necesita o apoio de todos e unhas cantas medidas draconianas das que o meu comentario en plan humorístico pretendía ironizar, mágoa que haxa talibans coma ti que se ofendan das ocorrencias dos demais a non ser que sexas un dos aludidos no meu comentario. Así que te aconsello que millores o teu sentido do humor empregando un remedio que me ensinou o vello rabino Levi Strausson que é o seguinte: ponte unha cuchara sopera entre os dentes e sorri desta guisa durante 15 minutos e fai este exercicio varias veces ó día durante varias semanas e xa veras como che sae un sorriso Profident e millora o teu sentido do humor. Shalom meu irmanciño.

Prefiro ser Talibán, e non

Prefiro ser Talibán, e non ravino...aínda que rezarei unha oración pola túa alma descarriada, invocarei para que os espíritus malignos saian, e esa conspiración xudeo masónica da que eres obxetivo non surta efectos. O meu Deus, líbra a éste ser relixoso do seu mal psíquico....amén

Meu ben queridiño amigo a

Meu ben queridiño amigo a miña inmortal alma non anda descarriada non e eso que viaxa canda pode polas vías da RENFE (agora ADIF). Estouche moi agradecido polas túas boas intencións e polas túas oracións para a sanazón da miña rabínica alma. Non obtante como de bos rabinos xudeus é ser agradecido en atención a túa precupación por sacarme ó maligno do meu interior rezarei coa thorah na man e dándome croques contra o muro da Veracruz pola sanación da túa pecadenta e pecaminosa alma en pena para pedir ó todopoderoso Jehová que che manteña o teu sentido do humor, cousa que é de agradecer, e para que eu coa axuda do cura párroco do Carballiño D. Xosé Benito Sieiro ó cal Deus garde moitos anos bisiestos e non bisiestos, do señor Manuel patriarca dos xitanos da Fontela, do árbitro que pitou neste desafortunado encontro, do predicador Jhonny Walker, do mulá Alí ben Abala e coa inestimable axuda dos meus colegas os rabinos Jacob ben Botellonosky e Abrahan Akremallera Queafogo pedireille ó gran hacedor que che libere dos malos espiritus que che posúen e os mande a traballar sachando as leiras do tío Camilo de Mesego. ¡¡Oh meu Jehovaciño!!! ti que es todopoderoso e omnipresente que estas no ceo, na terra e na mar dándote un chapuzón prégote que liberes a esta alma en pena das garras do maligno e que o expulses fora do seu corpo para que vaia a limpar e preparar as piscinas municipais do Carballiño, Maside e Cea de cara a súa apertura no verán e que repares ós seus males psiquicos, psicolóxicos e dos outros así coma da súa sogra mal líbranos do mal amén (rezar 3 avemarías, 2 padrenuestros e cantar a Salve Regina 9 veces e aderezar cun pouquiño de perexil, un chorrito xeneroso de auga bendita e unha pizquiña de sal gorda).

Buf, agora en serio, a coña

Buf, agora en serio, a coña xa pasou, ti mesmo o dixeches... 15 minutiños home, xa está ben, agora xa empezas a dar medo... faime caso Un saúdo

¿Dis que dou medo?...¡¡¡Si

¿Dis que dou medo?...¡¡¡Si ohh!!!!...como me adico a quitarlle das manas caramelos ós nenos en plena rúa e logo á noitiña cando ninguén me ve vou collerlle a roupa interior a tía Amelia de Longoseiros do seu tendedeiro...¡¡Que medo miña naiciña!!!...